Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Contidos
Tema Subtema
TEORÍA .
1- Introdución á Normalización 1.1-Gráficos na Enxeñaría para a visualización de datos, a comunicación e a definición formal dos obxectos.
1.2-Linguaxe gráfica e Normalización. Organismos para a normalización.
1.4-Normas básicas para a elaboración de planos: formatos, escalas, liñas, vistas e anotacións.
1.5-Principios xerais de representación. Elección de vistas e cortes. Normativa.
1.6-Sistemas europeo e americano. Adaptación aos sistemas CAD.
2- Curvas planas e as súas aplicacións. 2.1-Cónicas: propiedades, trazados e aplicacións.
2.2-Estudo proxectivo das cónicas
2.3-Curvas de rodadura. Aplicacións.
2.4-Outras curvas: espirais, envolventes, evolutas, etc. Aplicacións.
2.5-Aproximacións poligonais a unha curva plana.
2.6-Curvas alabeadas. Triedro intrínseco. A hélice.
3- Fundamentos e Técnicas dos Sistemas de Representación. 3.1-Fundamentos proxectivos dos sistemas de representación. Tipos de proxección.
3.2-Paso dun sistema a outro.
3.3-Pares, ternas e cuaternas. Invariantes proxectivos.
3.4-Formas proxectivas. Categorías.
3.5-Homoloxía e afinidade.
3.6-Sistema diédrico: operacións básicas, medida de ángulos e distancias. Interseccións.
3.7-Sistema axonométrico directo e indirecto. Tipos de axonometría. Proxección oblicua.
3.8-Sistema de planos acoutados. Aplicacións: topografía, cubertas, trazado de viais.
4- Visualización e representación de formas corpóreas. 4.1-Representación de corpos nos diversos sistemas de representación.
4.2-Operacións específicas para a obtención de vistas nunha determinada dirección, partes vistas e ocultas, interseccións.
4.3- Determinación de verdadeiras magnitudes mediante xiros, abatementos e cambios de plano.
5- Superficies regradas e as súas aplicacións 5.1-Clasificación xeral das superficies.
5.2-Superficies regradas: desenvolvibles e alabeadas. Aplicacións.
5.3-Superficies curvas. A esfera. Geodesia.
5.4-As cuádricas. Aplicacións.
5.5-Interseccións entre superficies.
5.6-Superficies poliédricas. Tipos, características, elementos de simetría e representación.
5.7-Agrupamento de poliedros e compartimentación do espazo.
6- Elementos e Formas de Acotación 6.1-Acotación. Elementos básicos.
6.2-Principios xerais de acotación. Sistemas de referencia.
6.3-Elementos roscados.
6.4-Tipos de acotación. Criterios.
6.5-Normativa básica.
6.6-Acotación funcional.
6.7-Tolerancias dimensionais. Axustes. Casos.
6.8-Tolerancias xeométricas. Especificacións nos debuxos.
6.9-Acabados superficiais. Especificacións.
7- Representación de Elementos Normalizados e Conxuntos 7.1-Representación e utilización de compoñentes normalizados nos mecanismos. Elementos de unión. Elementos de transmisión. Outros.
7.2-Debuxos de conxunto. Características.
7.3-Especificacións nos debuxos de conxunto.
7.4-Lista de pezas.
7.5-O ensamblado 3D no ordenador, establecemento de relacións entre compoñentes, animacións, estudos de movemento e simulacións.
8- Fundamentos de simboloxía e representacións esquemáticas para Enxeñaría
8.1-Simboloxía en Enxeñaría. Iconicidade.
8.2-Representacións esquemáticas.
8.3-Aplicacións: mecánica, electricidade e electrónica.
8.4-Normas.
PRÁCTICAS.
.
1- DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR Presentación do programa por parte do profesor o primeiro día. Descrición das principais características e posibilidades da ferramenta. Exercicios orientados ao adestramento e a familiarización cos comandos e funcións fundamentais. Procederase a xeración directa de modelos 3D da que derivarán as vistas e cortes necesarios para a súa definición normalizada en 2D. Finalmente efectúase o ensamblado de compoñentes coas restricciones apropiadas que permiten a animación dos mesmos e a simulación. Ao longo do curso utilizaranse os distintos tipos de cotas (condutoras, conducidas, dependentes de unha ecuación matemática ou dun parámetro, vinculadas, etc.).
2- PRÁCTICAS ORDINARIAS Comezarase cun repaso das construccións xeométricas básicas, realizado á man, que necesariamente require de traballo na casa.
Cada parte teórica será complementada con exercicios a realizar durante as horas de práctica, nas sucesivas semanas, que o discente debe completar na casa. En paralelo realizarase o adestramento na aplicación e iranse resolvendo exercicios no computador de modo que se capacite ao estudantado para elaborar o traballo final no ordenador.
3- TRABALLO PRÁCTICO (TrP) Proponse a realización dun traballo práctico (TrP) a realizar durante todo o curso, en grupos de 1-3 alumnos, a modo de pequeno proxecto relacionado con mecanismos habituais do entorno da aeronáutica (conxunto, subconxunto ou grupo de compoñentes que desempeñen algunha función relacionada coa temática aeroespacial), no que se refire á súa definición gráfica. A complexidade pode variar segundo a elección de cada grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000