Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Metodoloxías baseadas en investigación Os alumnos exporán na aula o resultado das súas investigacións. Pode contar ata un 15% da nota final. 15 D3
D4
D6
Prácticas de laboratorio Avaliaranse mediante avaliación continua durante a realización das prácticas e a entrega de resultados. A nota das prácticas pode contar ata un 15% de a nota como máximo.
As faltas de asistencia debidamente xustificadas compensaranse con outras tarefas.
15 A1
C2
D1
D3
D4
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá un exame onde se avaliará o aprendido a través de problemas e cuestións e poderá valer ata un 40% da nota final. A nota do exame deberá ser de 5 sobre 10 para poder aprobar a asignatura.
En caso contrario o alumno estará suspenso.
40 B2
C2
D4
D5
Autoavaliación Os alumnos poderán contestar ao final de cada tema un cuestionario tipo test que pode supoñer ata un 10% da nota final.
10 C2
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios A metade do temario levarase a cabo unha pequena proba de avaliación que consistirá na resolución de problemas e/ou cuestións. Esta proba pode contar ata un 20% da nota final. A nota do exame de desenvolvemento poderá ser de 4 sobre 10 para promediar co resto das notas se o alumno supera a proba de resolución de exercicios con polo menos o 50% da nota. 20 C2
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación de segunda oportunidade é o mesmo que o de primeira oportunidade, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes ás metodoloxías baseadas en investigación, a resolución de problemas e/ou exercicios e ás prácticas. 

 Datas de avaliación: 

 O calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta de Centro atópase publicado na páxina web:

http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames 

 Deberán realizarse as prácticas de laboratorio para poder presentase á convocatoria de segunda oportunidade. 

 Aqueles/as estudantes que non poidan asistir ás clases deberán avisar ao profesorado. Neste caso o exame contará un 90% da nota e as prácticas un 10% 

 En resumo:

 Do 100% da nota da materia temos: 

 - Exame: ata un 40% . É necesario sacar un 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. 

- Test de autoavaliación: ata un 10%. 

 - Prácticas de laboratorio: ata un 15%. É obrigatorio aprobar as prácticas para aprobar a materia. 

 - Traballos de investigación: ata un 15%. 

 -Proba de avaliación de problemas e/ou exercicios: ata un 20%. 

 Avaliación para estudantes que non opten por unha avaliación continua. 

 - Exame/exames: ata un 85% debe sacarse un mínimo de 5 sobre 10 para aprobar a materia. 

 - Prácticas de laboratorio: ata un 15%. É obrigatorio aprobar as prácticas para aprobar a materia. 

 MOI IMPORTANTE: 

 Para poder sumar todas as porcentaxes, o/a estudante debe sacar como mínimo 5 sobre 10 na nota do exame. No caso de non chegar ao 5 no exame, a nota que figurará na acta será a nota do exame. A duración do exame final será de 2.5 horas aproximadamente. 

 No caso de que o/a estudante consiga un 50% ou máis da nota na proba de avaliación de resolución de problemas e/ou exercicios, chegaralle con sacar como mínimo un 4 sobre 10 na nota do exame para poder sumar todas as porcentaxes. No caso de non chegar ao 4 no exame, a nota que figurará na acta será a nota do exame. 

 O estudantado suspenso en primeira oportunidade non asistente a clase poderase presentar na convocatoria de segunda oportunidade a un exame que cobre todo o contido da materia, sempre que realizase as prácticas de laboratorio. 

En casos especiais nos que por motivos xustificados e previamente notificados os/as estudantes non poidan asistir ás prácticas, nin participar na avaliación continua o 100% da nota corresponderá a un exame final no que se avaliarán todas as competencias da materia. 

Convocatoria fin de carreira: O/A estudante que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.” 

En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Avaliación Global: O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000