Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Física: Física I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
O laboratorio de física en modalidade semipresencial incluirá traballo presencial no laboratorio e traballo fora do laboratorio cubrindo o total de horas de traballo do alumno definidas inicialmente.
Algunhas sesións de laboratorio substituiranse por exercicios individuais caseiros. É dicir o profesor mediante o uso do Campus Remoto enviará todas as instrucións necesarias para explicar como realizar varias prácticas de física na casa. Estas instrucións incluirán unha lista detallada do material (que se pode atopar en casa como obxectos esféricos, corda, cronómetro do móbil, metro ou cinta métrica, etc.) e todos os pasos para a toma de datos, así como indicacións claras dos cálculos que se deben realizar e como se deben expresar os resultados finais coas súas incertezas.
O número de sesións de laboratorio que se substituirán por estas prácticas caseiras deberanse determinar tendo en conta as normas de seguridade impostas nese momento (distancias de seguridade, aforamento máximo de persoas nos laboratorios, etc) e o número de alumnos por grupo (HC).
A avaliación das prácticas (15% da nota final) basearase no traballo no laboratorio e na entrega dunha memoria final incluíndo metodoloxía, datos e resultados finais.

En caso de imposibilidade de realización de probas presenciais estas serán realizadas a través das plataformas telemáticas de Faitic.

As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000