Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Dúas probas parciais sobre os contidos correspondentes aos dous primeiros bloques (sesións maxistrais e resolución de problemas) 60 A1
B2
C1
C32
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final no que se recollerán os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e a resolución de problemas de toda a materia.

Duración: 2.5 horas
40 A1
B2
C1
C32
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Seguindo o método da avaliación continua:

Se un estudante non se presenta a proba parcial ou o exame final, asignaráselle unha cualificación de 0 puntos nela.

P1: Nota da proba parcial 1;
P2: Nota da proba parcial 2;
F: Nota do exame final.

No caso de acadar como mínimo un 4.5 no exame final, a cualificación en actas será:

máx(F, 0.3*P1 + 0.3*P2 + 0.4*F)

No caso de non acadar como mínimo un 4.5 no exame final, a cualificación en actas será:

mín(4.5, máx(F, 0.3*P1 + 0.3*P2 + 0.4*F))

Seguindo o método da avaliación global:

A calificación será a puntuación no exame final.

O/a estudante ten dereito a optar pola
avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o
centro para cada convocatoria. Nótese que debido á natureza das fórmulas de avaliación, non é necesario que o alumno tome ningunha decisión.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE DE A CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (FIN DE CARREIRA)

Farase unha proba con tódolos contidos da materia e a puntuación acadada será a cualificación final.

DATAS DE AVALIACIÓN

A proba parcial realizarase dentro do horario lectivo.

As datas do exame final e da proba correspondente a segunda edición de actas serán as fixadas no calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE que se atopa publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000