Esta materia enmárcase dentro da materia Matemáticas e impártese no primeiro semestre do primeiro curso. As outras materias de Matemáticas son: Cálculo I, no primeiro semestre do primeiro curso e Cálculo II no segundo semestre do primeiro curso. Nela adquírense competencias da álxebra lineal, sendo unha parte delas fundamentais para as outras materias de Matemáticas.
A materia ten carácter de formación básica. Proporciona a base matemática a distintas disciplicinas no ámbito da enxeñaría aeronáutica como son o cálculo e fabricación de vehículos e a simulación numérica.
Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionaispoderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento damateria en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.