Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse unha proba escrita ao rematar a primeira parte da materia (sucesións e series) para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma, que suporá o 20% da cualificación. Realizarase outra proba escrita ao rematar a segunda parte da materia (cálculo nunha variábel) tamén para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma que suporá o 30% da cualificación. 50 A1
B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Prácticas con apoio das TIC Avaliaranse as prácticas a partir da segunda sesión, cun 10% da cualificación por este apartado pola totalidade das prácticas da segunda á sexta sesión. 10 B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Farase un exame final sobre os contidos da totalidade da materia. 40 A1
B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

A cualificación final para alumnado con avaliación continua calcúlase do seguinte xeito
  • 20% cunha proba escrita ao rematar a primeira parte da materia relativa a sucesións e series
  • 30% cunha proba escrita ao rematar a parte relativa a cálculo dunha variábel
  • 10% como resultado das prácticas da segunda á sexta 
  • 40% cun exame final sobre os contidos da totalidade da materia

Para superar a materia será necesario obter no exame final un mínimo do 30% do máximo da cualificación en cada unha das tres partes nas que se divide a materia, nomeadamente: sucesións e series, cálculo nunha variábel, e cálculo diferencial de varias variábeis. No caso de non chegarse ao dito 30% nunha das partes pero a nota obtida
da ponderación fose igual ou superior a 5 puntos, a nota que figurará na acta será de 4.9 (suspenso/a).

O sistema de avaliación da segunda oportunidade é o mesmo que o da primeira oportunidade, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes á resolución de problemas e/ou exercicios e de prácticas.

No caso de non asistentes e de convocatoria extraordinaria, o 100% da nota corresponderá a un exame final no que se avaliarán as competencias da materia.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

A duración máxima dun exame será de 3 horas se non hai pausa ou de 5 horas se hai unha pausa intermedia (sendo 3 horas o máximo para cada parte)

Compromiso ético:
"Espérase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento ético non axeitado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). No caso de ser necesario, poderase realizar un novo exame para verificar a adquisición de competencias e coñecementos por parte do alumnado implicado."








Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real
Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo
13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de :


"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se
realicen ou en documentos oficiais da universidade". 




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000