Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de circunstancias excepcionais:

Docencia virtual
A actividade docente levará a cabo mediante Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia Moovi, sen prexuízo de que se poidan utilizar outras medidas para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

Titorías
Todas as sesións de titorización poderanse realizar por medios telemáticos, ben de forma asíncrona (correo electrónico, foros de Moovi, etc.) ou ben mediante videoconferencia, neste caso mediante cita previa.

Avaliación
Os exames realizaranse de forma presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no apartado de Avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000