Educational guide 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster universitario en Intelixencia artificial
 Materias
  Modelado da linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Seguimento continuado da asistencia a clase e participación del alumno 5 A1
B1
B4
C1
C2
C3
D2
D8
Aprendizaxe baseado en proxectos As entregas de proxectos deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual e deben seguir as especificacións indicadas no enunciado tanto para a súa presentación como o seu defensa.
Carácter obrigatorio.
50 A1
A2
A5
B1
B3
B4
C1
C2
C3
D2
D3
D7
D8
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
Carácter obrigatorio.
45 A1
B1
B4
C1
C2
C3
D2
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA TODOS OS ESTUDIANTES EN TODAS AS CONVOCATORIAS

Cada alumno deberá alcanzar un mínimo de 40% da máxima nota das partes "Prácticas de Laboratorio" e "Proba obxectiva", e en calquera caso a suma das tres partes debe ser maior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase de acordo coa menor puntuación obtida.

No caso de non obter o mínimo nas "Prácticas de laboratorio" ou "Proba obxectiva", o alumno terá unha segunda oportunidade na que só se lle esixirá a entrega desa parte.

Non se gardarán cualificacións entre anos académicos.

As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa.

Terá a condición de "Presentado" quen entregue todas as prácticas obrigatorias ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da normativa correspondente sobre plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos os casos.

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas oficiais de examen das diferentes convocatorias, encóntranse publicadas na páxina web da ESEI:

https://esei.uvigo.es/docencia/exames/

CONSULTA/SOLICITUDE DE TUTORÍAS

As tutorías poden consultarse a través da páxina personal do profesorado, accesible a través de

https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000