Educational guide 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster universitario en Intelixencia artificial
 Materias
  Modelado da linguaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesorado presenta un tema ao alumnado co obxectivo de facilitar un conxunto de información cun alcance concreto.
Prácticas de laboratorio O profesorado da materia preséntalle ao alumnado un ou varios problemas de carácter práctico que requiren a comprensión e a aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos no programa da materia. O alumnado pode traballar a solución aos problemas colocados de maneira individual ou en equipo. O traballo poderá ser autónomo, aínda que guiado polo profesorado da materia.
Aprendizaxe baseado en proxectos Preséntanselle ao alumnado proxectos prácticos que requiren unha parte importante da súa dedicación total á materia. Ademais, e debido ao alcance dos traballos a realizar, é preciso que a/o estudante aplique non só competencias de xestión mais tamén de carácter técnico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000