Guia docente 2023_24
Escuela Superior de Ingeniería Informática
Máster universitario en Intelixencia artificial
 Materias
  Comprensión da linguaxe natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual e deben seguir as especificacións indicadas no enunciado tanto para a súa presentación como o seu defensa. 50 A1
A2
A5
B3
B4
C1
C2
C3
D2
D3
D7
D8
Exame de preguntas obxectivas Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 50 A1
A2
B1
C1
C2
C3
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA TODOS OS ESTUDIANTES EN TODAS AS CONVOCATORIAS

Os alumnos deberán alcanzar polo menos un 40% da máxima nota cada parte (teoría, práctica) e en calquera caso a suma de ambas as partes debe superar un 5 para superar a materia. Se non se cumpre algún dos requisitos anteriores, a nota da convocatoria establecerase de acordo á menor nota obtida. 

En caso de non alcanzar o mínimo nalgunha das partes, o alumno terá unha segunda oportunidade na que soamente se lle esixirá a entrega de dita parte. 

As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual e deben seguir as especificacións indicadas no enunciado tanto para a súa presentación como a súa defensa.

Terá a condición de "Presentado" quen entregue todas as prácticas obrigatorias ou concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da normativa correspondente sobre plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos os casos.

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas oficiais de examen das diferentes convocatorias, encóntranse publicadas na páxina web da ESEI: https://esei.uvigo.es/docencia/exames/

CONSULTA/SOLICITUDE DE TUTORÍAS

As tutorías poden consultarse a través da páxina personal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000