Educational guide 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dirección e Xestión da Innovación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Introduciranse os contidos fundamentais da materia mediante clase maxistral, apoiada con transparencias, vídeos e outros medios.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Obrigatorio
Resolución de problemas - Formularanse cuestións de razoamento e debate, a fin de fomentar a participación do alumnado na aula e o seguimento da información da actualidade empresarial no ámbito da innovación.
- Analizaranse casos prácticos relacionados co temario que, ademais de axudar á súa comprensión, permitan mellorar a capacidade de expresión, análise e reflexión sobre a realidade da innovación dentro da empresa.
- Proporanse lecturas complementarias para ilustrar e ampliar os temas tratados en clase. Pedirase ao alumnado a realización de pequenos traballos de síntese e crítica de ditas lecturas, para favorecer as súas capacidades analítica e crítica, de expresión escrita e de estruturación e síntese da información.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio
Traballo tutelado O alumnado elaborará un traballo sobre unha empresa innovadora, titorizado pola profesora. Alén de procurar a aplicación dos conceptos tratados en aulas a unha concreta empresa, con este traballo procúrase a mellora das capacidades de expresión escrita e busca e manexo da información.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio
Seminario O traballo de curso que debe realizar o alumnado consta de varios entregábeis, un por cada tema. Tras cada entrega, a docente corrixirá o contido do documento e achegará propostas de melloras e correccións para o seu desenvolvemento. O alumnado deberá ter en conta estas suxestións para as sucesivas entregas do traballo.
Se fose necesario, a docente explicará presencialmente esas propostas de mellora ao alumnado, en titorías grupais con todos os integrantes de cada grupo de traballo.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio
Presentación O alumnado deberá realizar, ao longo de curso, diferentes exposicións públicas dos traballos e análises de casos que se irán desenvolvendo. Con estas exposicións procúrase a mellora das capacidades de expresión oral, comunicativa, fluidez na presentación, de convicción e de utilización e aproveitamento de medios técnicos.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000