Educational guide 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas Gráficos Interactivos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
En caso de aplicación das medidas excepcionais serán de aplicación os seguintes puntos:
3.2. Actividades e sistemas de avaliación alternativos para calquera tipo de prácticas. Non se van a realizar cambios nas metodoloxías e/ou sistemas de avaliación.
3.3. Establecer as medidas oportunas para facilitar ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade. Todo o material docente da materia estará dispoñible desde o comezo de curso de forma online. Sen prexuízo de que se poida xerar novo contido que se ira incluíndo para o seu acceso na plataforma e-learning da materia.
4.1. A actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e poderase seguir a materia mediante Faitic e Classter.
Os puntos indicados anteriormente son de aplicación no seguinte escenarios previsto.

ESCENARIO DOCENCIA NON PRESENCIAL
Debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizaranse medios virtuais para a impartición das clases.
Non se van a realizar cambios nas metodoloxías e/ou sistemas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000