Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas de Información
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PREVISTAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento no que as administracións e a propia institución a determinen segundo criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo o ensino nun ámbito non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas, xa planificadas, garanten o desenvolvemento do ensino dun xeito máis áxil e eficiente, posto que é coñecido con antelación (ou con moita antelación) polos alumnos e profesores a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ESCENARIO DE NORMALIDADE ADAPTADO ===
Este escenario é o considerado xeral para o que se aplica esta guía docente, cun grao de presenza estimado como normal no momento anterior á pandemia.

=== ESCENARIO ALTERNATIVO: DOCENCIA NON PRESENCIAL ===
Prevese un escenario alternativo para situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de brotes, peches na cidade do centro, para os que non se poida impartir o ensino presencial.

En tal situación, as clases impartiranse en liña a través da plataforma Campus Remoto e manteranse as metodoloxías e sistemas de avaliación. As avaliacións manteranse de caracter presencial. Estes cambios comunicaranse aos estudantes con suficiente antelación.

En canto ás titorías, estas faranse en liña e, para poder facer unha mellor organización, os alumnos deben comunicar aos profesores o seu desexo de realizar unha titoría previamente a través dun correo electrónico ou doutros mecanismos establecidos para tal efecto pola U. Vigo.

En casos excepcionais nos que un alumno xustifique a existencia dunha situación que lle impida seguir a materia de xeito normal (por exemplo, problemas de conectividade, problemas de conciliación, etc.), poderase acordar co profesor a adaptación das datas das probas de avaliación, así como os medios para levalas a cabo. En calquera caso, mantéñense os sistemas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000