Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables
 Materias
  Introdución ás Técnicas e Tecnoloxías de Investigación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Exposición de diferentes traballos ao longo do curso que amosarán a adquisición das competencias e coñecementos básicos, tanto de carácter teórico coma práctico, correspondentes á materia 45
Outros Actividades de seguimento do traballo do alumno o longo do Curso 10
Seminarios Preparación en pequenos grupos dun tema académicamente dirixido, teórico ou práctico, sobre o contido do curso. O traballo será avaliado por compañeiros e compañeiras, amais de polo profesorado da materia, atendendo á calidade xeral do seminario e ás habilidades e actitudes amosadas polos compoñentes do grupo 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación para asistentes, primeira opción:

Asistencia regular e participación activa ás clases, cualificación: 10%

Avaliación para non asistentes, segunda opción e sucesivas:

O procedemento de avaliación para non asistentes, así como para a segunda convocatoria e sucesivas será o seguinte:

1. Avaliación teórica (ponderación: 20%): Presentación dun artículo ou informe técnico sobre os contidos da materia

2. Avaliación práctica (ponderación: 30%): Presentación dunha aplicación que resolva un problema práctico prantexado

3. Realización de seminario (ponderación: 50%): Realización dun traballo bibliográfico de estudio de retos e temas de investigación de interese, que deberán defender ante o profesor nunha data fixada. Previamente deberase entregar un resumen e unha copia da presentación. Os criterios que se seguirán para a sua avaliación serán principalmente: concreción das explicacións, apoio con exemplos e uso amplo de bibliografía, que deberá ser indicada no traballo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000