Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables
 Materias
  Planificación de Sistemas de Información
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Dar a coñecer os aspectos mais importantes da materia e facer ver os estudiantes a importancia do traballo no desenvolvemento e preparación das clases maxistrais, das presentacións e exposición, do análise dos casos e das situacións que se poden atopar nas empresas, e aprender a traballar en grupo e a distancia en mais de un idioma.
Sesión maxistral Nestas clases presentase os aspectos formativos clave da materia en forma de diaporamas, centrandose en aspectos fundamentais para que o alumnado. Todos os diaporamas serán facilitados polo profesor para os estudiantes, ademáis de indicar os capítulos de libros ou artigos que os alumnos deben ter preparados previamente.
Presentacións/exposicións Neste punto os estudiantes, por grupos, exporán o desenvolvemento dos problemas expostos, de xeito que o profesor, tanto individualmente como en grupo poida dar as indicacións axeitadas para o bó entendemento do alumnado.
Estudo de casos/análises de situacións Coñecer, estudiar, analizar, visualizar os distintos problemas cos que se poden atopar tanto na empresa pública como na privada para ser capaces no futuro de planificar os sistemas de esas empresas.
Metodoloxías integradas É importante o desenvolvemento do traballo en grupo e a distancia e en distintos idiomas, de xeito que o alumno comprenda a realidade da empresa actual.
Titoría en grupo Permiten, xunto co profesor, analizar a complexidade do traballo en grupo e resolver os problemas que poidan aparecer e aprender a maneira de facelo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000