Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables
 Materias
  Codificación da Información
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: obxetivos, competencias que deberá adquirir o estudante, contidos, sistema de avaliación. Formación de grupos de traballo.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia ilustrados con numeros exemplos e aplicacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios de diversa dificultade sobre a aplicación práctica dos conceptos teóricos introducidos, tanto por parte do docente como dos estudantes:
• Para ilustrar e completar a explicación de cada lección, o docente realizará diversos exercicios.
• Paralelamente, se proporán exercicios e problemas que os estudantes deben resolver.
Traballos tutelados Preparación en pequenos grupos dun tema académicamente dirixido, teórico ou práctico, sobre o contido do curso.
Titoría en grupo Reunión cos grupos de traballo para tutorizar e resolver as dúbidas que surxan no desenvolvemento do traballo tutelado.
Outros Engloba o tempo de preparación e realización de probas extraordinarias en caso de non superar a avaliación continua.
Metodoloxías integradas Aprendizaxe baseada en problemas/proxectos: é unha estratexia didáctica na que os estudantes desenvolven proxectos basados en situacións reais.
Esta técnica de aprendizaxe se usará na elaboración dun traballo sobre os códigos correctores de errores.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000