Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Consultoría de Software Libre
 Presentación

(*)

O Máster en Consultoría de Software Libre nace no curso 2008/2009 xa adaptado aos requerimentos do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), ten unha carga lectiva de 60 créditos ECTS, un ano de duración e a súa natureza é semipresencial, co obxectivo de que poida ser cursado tamén por profesionais do mundo da empresa.

Está especialmente dirixido a Enxeñeiros Informáticos e Enxeñeiros Técnicos en Informática (ainda que tamén poderán matricularse outros titulados especificados no perfil de ingreso), que queiran profundizar nas últimas tecnologías do software libre así como coñecer cómo se poden por en marcha modelos de negocio baseados na consultoría, desenvolvemento e implantación de aplicacións de software libre.

É unha titulación oficial e como tal as súas tasas de matrícula son a prezos públicos e están lexisladas pola Xunta de Galícia a través da Consellería de Educación, como calquera outra titulación oficial.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000