Guia docente 2023_24
Escuela Superior de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dispositivos móbiles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas escritas parciais, unha aproximadamente na metade da materia, e outra ao final. Estas probas son eliminatorias, é dicir, en canto á parte teórica, aqueles alumnos que aproben estas probas non necesitarán presentarse a primeira opción.

Resultados previstos: RA2, RA4, RA5, RA6.
60 A2
A4
A5
B5
C4
C5
C27
C28
C36
D4
D5
D7
D8
D11
Proxecto Os alumnos realizarán un proxecto a medida que avance a materia, aproveitando e aplicando os coñecementos teóricos asimilados na sesión maxistral. Este proxecto será necesario entregalo ao finalizar a materia.

Resultados previstos:
RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6.
40 A2
B5
B6
B9
C4
C23
C25
C27
C28
C36
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

PROBA 1: Avaliación preguntas obxectivas

Descrición: Proba tipo test que incluirá avaliación de conceptos teóricos correspondentes aos seis primeiros temas. Esta proba realizarase aproximadamente na metade do curso.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas.

% Cualificación: 30%

% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10).

Resultados de formación avaliados: A2, A4, A5, B5, C4, C5, C27, C28, C36, D4, D5, D7, D8, D11

Resultados previstos avaliados: RA2, RA4, RA5, RA6.

----------------------------------------------------------------------------

PROBA 2: Avaliación preguntas obxectivas

Descrición: Proba tipo test que incluirá avaliación de conceptos teóricos correspondentes aos seis primeiros temas. Esta proba realizarase aproximadamente ao finalizar o curso.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas.

% Cualificación: 30%

% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10).

Resultados de formación avaliados: A2, A4, A5, B5, C4, C5, C27, C28, C36, D4, D5, D7, D8, D11

Resultados previstos avaliados: RA2, RA4, RA5, RA6

----------------------------------------------------------------------------

PROBA 3: Proxecto

Descrición: Entrega e defensa dun proxecto consistente no desenvolvemento dunha aplicación para móbiles Android. O proxecto presentarase e defenderá ao final do curso.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Proxecto.

% Cualificación: 40%

% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

Resultados de formación avaliados: A2, B5, B6, B9, C4, C23, C25, C27, C28, C36, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D11, D13, D14

Resultados previstos avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6

----------------------------------------------------------------------------

  • Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que seguen a materia de forma presencial e por tanto deberán de seguir o procedemento de avaliación descrito anteriormente.
  • Se un estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle, como moito, unha cualificación de 4 no total das mesmas, segundo o resto de cualificacións.
  • A temática e o alcance do proxecto acordarase co profesor nas datas estipuladas que serán publicadas en Moovi.
  • O proxecto poderá ser realizado en grupo.
  • En caso de non superar a materia en primeira convocatoria, gardarase para a convocatoria extraordinaria e fin de carreira:
    • A nota da proba1 e proba 2 en caso de superar ambas as cunha nota media de 5.
    • A nota de proxecto en caso de obter unha nota mínima de 5.

    SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

    Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: Considérase que o estudantado opta polo sistema de avaliación global se non se presenta á Proba 1 do sistema de avaliación continua.

    PROBA 1: Avaliación teórica

    Descrición: Consiste nunha proba individual do total da materia.

    Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas.

    % Cualificación: 60%

    % Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

    Resultados de formación avaliados: A2, A4, A5, B5, C4, C5, C27, C28, C36, D4, D5, D7, D8, D11

    Resultados previstos avaliados: RA2, RA4, RA5, RA6

    ----------------------------------------------------------------------------

    PROBA 2: Proxecto

    Descrición: Entrega e defensa dun proxecto consistente no desenvolvemento dunha aplicación para móbiles Android.

    Metodoloxía(s) aplicada(s): Proxecto.

    % Cualificación: 40%

    % Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

    Resultados de formación avaliados: A2, B5, B6, B9, C4, C23, C25, C27, C28, C36, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D11, D13, D14

    Resultados previstos avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6

    ----------------------------------------------------------------------------

    • A temática e o alcance do proxecto acordarase co profesor nas datas estipuladas que serán publicadas en Moovi.
    • Se un estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle, como moito, unha cualificación de 4 no total das mesmas, segundo o resto de cualificacións.
    • O proxecto realizarase de forma individual.
    • En caso de non superar a materia en primeira convocatoria, gardarase para a convocatoria extraordinaria e fin de carreira:
      • A nota da proba 1 en caso de obter unha nota mínima de 5.
      • A nota de proxecto en caso de obter unha nota mínima de 5.

      CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARRERA

      Empregaranse o sistema de avaliación global exposto anteriormente tanto para alumnado de avaliación continua como global.


      PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

      Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.


      DATAS DE AVALIACIÓN

      As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

      As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.


      EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES

      Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en avaliacións de exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."


      CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

      As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000