Guia docente 2023_24
Escuela Superior de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Seguridade en sistemas informáticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos previstos na guía docente da materia e discusión e consultas por parte do alumnado. Inclúense como parte destas sesión maxistrais actividades como estudo de casos prácticos e exemplos, presentación de estudos e/ou investigacións, revisión e avaliación de ferramentas de seguridade.
Prácticas de laboratorio Traballos prácticos a realizar no laboratorio de prácticas. Tratarase dunha colección de exercicios guiados (individuais ou en parellas) relacionados fundamentalmente coas competencias vinculadas á administración segura de sistemas operativos e redes e á criptografía. Consistirán na revisión de diversas ferramentas de seguridade e do seu uso en entornos similares aos reais. A avaliación destas prácticas realizarase mediante cuestionarios entregables (tanto teóricos como experimentais) específicos para cada unha de elas.

AVALIACION CONTINUA
Caracter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria

AVALIACION GLOBAL
Caracter: Obrigatorio
Traballo tutelado Pequeno traballo de investigación, individual ou en parellas, relacionado con aspectos da seguridade informática non incluidos nos contidos principais da materia. A temática pode ser proposta polo alumnado ou polo profesor. Trátase dun traballo autónomo que contará coa titorización puntual do profesorado. O resultado do traballo plasmarase nunha memoria coa estrutura que se determine xunto cunha presentación pública nas sesión presencias da materia.

AVALIACION CONTINUA
Caracter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria

AVALIACION GLOBAL
Caracter: Non obrigatorio
Presentación Presentación pública e discusión dos aspectos máis relevantes e conclusións do traballo tutelado realizado polo alumno/s. Na temporización desta actividade inclúese a asitencia e participación nas presentacións realizadas por outros alumnos dos seus traballos.

AVALIACION CONTINUA
Caracter: Non obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000