Guia docente 2023_24
Escuela Superior de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Hardware de aplicación específica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As persoas que opten pola modalidade de avaliación continua teñen que facer unha serie de prácticas ao longo do curso, no laboratorio de Electrónica. O enunciado das prácticas publicarase oportunamente na páxina web da materia, en Moovi (https://moovi.uvigo.gal). A calificación das prácticas así como a súa influencia na nota final nas distintas oportunidades de avaliación detállase no apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
As persoas que opten pola modalidade de avaliación global non teñen que facer as prácticas de laboratorio.
Resultados previstos da materia: todos.
20 A1
A2
B1
B3
B4
B5
B8
B9
C2
C3
C11
C15
C20
C32
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento As persoas que opten pola modalidade de avaliación continua teñen que facer 2 exames escritos. En ditos exames exporanse diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia. O primeiro exame farase cando haxa transcurrido (aproximadamente) a metade do período lectivo. A data de dito exame publicarase oportunamente na páxina web da materia, en Moovi (https://moovi.uvigo.gal). O segundo exame farase ao finalizar o cuadrimestre, na data indicada no calendario oficial de exames, publicado en http://www.esei.uvigo.es.
As persoas que opten pola modalidade de avaliación global teñen que facer 1 exame escrito. Dito exame farase ao finalizar o cuadrimestre, na data indicada no calendario oficial de exames, publicado na seguinte páxina web: http://www.esei.uvigo.es.
A cualificación dos exames así como a súa influencia na nota final nas distintas oportunidades de avaliación detállase no apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
Resultados previstos da materia: todos.
80 A1
A2
B1
B3
B4
B5
B8
B9
C2
C3
C11
C15
C20
C32
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modo de avaliación: as persoas matriculadas na materia que queiran ser avaliadas mediante o modo de avaliación global deben de notificalo por escrito, ao profesor de teoría, antes de que transcorran as 4 primeiras semanas do período lectivo. Todas as demais persoas matriculadas na materia serán avaliadas mediante o modo de avaliación continuo.

1ª oportunidade de avaliación, modo de avaliación continuo: as competencias adquiridas se avaliarán mediante dous exames e unha serie de prácticas a facer no laboratorio de Electrónica.

Exames: os exames constarán de diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia. A non asistencia a un exame conleva unha nota de 0 puntos en dito exame. Cada un dos exames será valorado entre 0 e 4 puntos.

Prácticas de laboratorio: só se aceptarán como válidas as prácticas feitas no laboratorio de Electrónica. A asistencia ás prácticas é obrigatoria. Se unha persoa non asiste a unha práctica, a nota que se lle asignará pola realización das prácticas será de 0 puntos. As prácticas serán valoradas no seu conxunto entre 0 e 2 puntos.

Cualificación: no caso de obter unha nota igual ou superior a 1 punto pola realización das prácticas de laboratorio (valoradas no seu conxunto entre 0 e 2 puntos) e unha nota igual ou superior a 2 puntos en cada un dos exames (valorado cada exame entre 0 e 4 puntos), a nota final correspondente á primeira oportunidade de avaliación será igual á suma das notas obtidas polas prácticas de laboratorio e os dous exames.

No caso de que a nota que se obteña pola realización das prácticas de laboratorio sexa inferior a 1 punto (valoradas no seu conxunto entre 0 e 2 puntos) e/ou a nota que se obteña nalgún dos exames sexa inferior a 2 puntos (valorado cada exame entre 0 e 4 puntos), a nota final correspondente á primeira oportunidade de avaliación será igual á suma das notas obtidas nos exames, limitándoa a un máximo de 4 puntos. 

Competencias avaliadas: todas

Resultados de aprendizaxe: todos.

1ª oportunidade de avaliación, modo de avaliación global: as competencias adquiridas avaliaranse mediante un exame escrito, o cal constará de diversas cuestións e problemas acerca dos contidos da materia. O exame farase ao finalizar o periodo lectivo, na data indicada no calendario oficial de exames, publicado na seguinte páxina web: http://www.esei.uvigo.es.

Cualificación: a nota final correspondente á primeira oportunidade de avaliación será igual á nota que se obteña no exame, valorado este entre 0 e 10 puntos.

Competencias avaliadas: todas

Resultados de aprendizaxe: todos.

2ª oportunidade de avaliación e Fin de Carrera, modos de avaliación continuo e global: as competencias adquiridas avaliaranse mediante un exame escrito, valorado entre 0 e 10 puntos. Dito exame constará de diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia. Farase na data indicada no calendario oficial de exames, publicado na seguinte páxina web: http://www.esei.uvigo.es.

Cualificación: a nota que se poñerá na acta será a que se obteña no exame, valorado este entre 0 e 10 puntos.

Competencias avaliadas: todas

Resultados de aprendizaxe: todos.

Normas relativas ás clases de teoría, ás prácticas de laboratorio, aos exames e ás revisións dos exames:

_ Mentres se está facendo unha práctica no laboratorio de Electrónica non se pode baixar de Internet unha solución da mesma. Tampouco se pode copiar unha solución dun pendrive, dunha folla de papel, dunha tablet ou dun teléfono móbil. Incumprir esta norma conleva unha cualificación de 0 puntos pola realización das prácticas. 

_ Á hora de escribir o código a executar por un microcontrolador, este debe de estar adaptado ao compilador de C, comercializado pola empresa Mikroelektronika, que se utiliza nas prácticas de laboratorio da materia.

_ No caso de utilizar un convertidor analóxico/dixital (A/D) hai que configuralo para que as conversións se fagan no menor tempo posible, de acordo coa frecuencia de reloxo do microcontrolador. Non se poden utilizar as funcións da biblioteca de funcións do compilador para manexar o módulo AD do microcontrolador.

_ No caso de utilizar un temporizador (timer) para medir tempos ou para facer temporizacións, este debe ser configurado de modo que durante a medición dun tempo ou durante unha temporización se produza o menor número posible de desbordamentos do temporizador. Debe elixirse o prescaler máis pequeno posible do temporizador tendo en conta que o número de desbordamentos do temporizador debe ser o menor posible.

_ Pódense utilizar as funcións Lcd_Init(), SPI1_Init() e SPI1_Write(). Non se poden utilizar as funcións delay_ms() e delay_us(), nin ningunha outra función da biblioteca de funcións do compilador de Mikroelektronika, salvo que se autorice expresamente o seu uso.

_ Á hora de debuxar un diagrama de estados que describa o comportamento dun sistema secuencial ou ben se utiliza un modelo de tipo Moore ou ben se utiliza un modelo de tipo Mealy. En ningún caso se admitirá como válido outro tipo de modelo (ou representación), incluída unha mestura de ambos os modelos.

_ Á hora de escribir un código para implementar nun microcontrolador ou nunha FPGA un sistema secuencial descrito mediante un diagrama de estados (modelo de Moore ou de Mealy) só se admitirá como válida unha implementación síncrona. En ningún caso se admitirá como válida unha implementación asíncrona ou non totalmente síncrona.

_ No caso de ter que describir un sistema dixital utilizando unha linguaxe de descrición de hardware, só se admitirá como válido VHDL sintetizable (revisión de 1993).

_ Á hora de corrixir un exercicio dun exame ou dunha práctica valorarase moi negativamente o que haxa instrucións que non teñan utilidade algunha no que se refire ao exercicio en cuestión.

_ Nun exame hai que xustificar todos os resultados que se obteñan. De non facelo así non se puntuará o correspondente exercicio.

_ Non se corrixirá ningún exame ao que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se facilitan para responder as preguntas do exame. Non se corrixirá ningunha resposta que estea escrita a lapis ou cun bolígrafo de cor vermella ou de cor verde. Se un exercicio presenta faltas de ortografía ou ben caracteres ou símbolos ilexibles, dito exercicio non será puntuado.

_ Non se pode fotografar o enunciado dos exames. Durante os exames non se poden utilizar nin ter á vista libros, apuntamentos, teléfono móbil, tablet, etc. No caso de que unha persoa non cumpra esta norma non se lle corrixirá devandito exame e poñeráselle un cero como nota final da materia na correspondente convocatoria. Se se detecta a unha persoa copiando nun exame, a súa cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet, nin fotografar un exame.

_ Prohíbese gravar as clases teóricas, as prácticas de laboratorio e as titorías (audio e/o vídeo). Tampouco se permite fotografar o que escriban os profesores no encerado durante as clases.

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. 

As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

As tutorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000