Guia docente 2023_24
Escuela Superior de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas intelixentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación A proba de Presentación está orientada a traballar fundamentalmente os resultados previstos da materia: RA4, RA6 e RA7.

Esta proba metodolóxica ten carácter obligatorio tanto en evaluación continua como global e consistirá na entrega, na data que se indique, dun video de no mais de 10' de duración sobre un tema de teoría a elexir dentre unha lista proposta polo profesor.

Para liberar está parte da avaliación o alumno debe acadar 5 puntos ou mais na súa calificación
10 A2
A4
B8
B9
C3
C21
C28
D4
D7
D8
D9
D10
D11
D14
Prácticas de laboratorio A Proba de Prácticas de laboratorio está orientada a traballar fundamentalmente os resultados previstos da materia: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 e RA7

Esta proba será avaliada coas aplicacións proporcionadas para a súa realización en grupos de 2-4 persoas.

Esta proba consta de duas entregas na modalidade de avaliación continua e unha si óptase pola avaliación global. Ditas entregas deberán facerse nas datas e na forma que se indique.

O peso da segunda entrega, na avaliación continua, será dun 70% na media final da proba.

As entregas precisan dunha defensa por parte dos integrantes do grupo na data e na forma que se indique.

Para liberar esta proba de avaliación o alumno deberá acadar 5 puntos ou mais na súa calificación final
35 A2
B3
B6
B8
C3
C7
C13
C14
C21
C26
C28
D8
D9
D10
D11
D14
Exame de preguntas obxectivas A proba de exame de preguntas obxectivas permite avaliar o coñecemento teórico asociado os seguintes resultados previstos da materia: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 e RA7

Esta proba permite avaliar os contidos presentados mediante as metodoloxías de Lección Maxistral, Flipped Learning e Presentación.

Esta proba metodolóxica ten carácter obrigatorio e global.

Para liberar está parte da avaliación o alumno debe acadar 5 puntos ou mais na súa calificación
20 A2
B8
B9
C3
C12
C13
C21
C28
D4
D6
D11
D14
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Esta proba será desenvolta en grupos de entre 2-4 persoas e complementa os resultados de aprendizaxe das Prácticas de laboratorio.

A Proba de Informe de prácticas complementa a proba de prácticas de laboratorio traballando os seguintes resultados da materia: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 e RA7

Esta proba consta de duas entregas na modalidade de avaliación continua e unha si óptase pola avaliación global. Ditas entregas deberán facerse nas datas e na forma que se indique.

O peso da segunda entrega, na avaliación continua, será dun 70% na media final da proba.

As entregas precisan dunha defensa por parte dos integrantes do grupo na data e na forma que se indique.

Para liberar esta proba de avaliación o alumno deberá acadar 5 puntos ou mais na súa calificación final
15 A2
A4
B3
B6
B9
C7
C12
C13
C14
C21
C26
C28
D4
D6
D7
D11
D14
Traballo A proba de Traballo está orientada a complementar os seguintes resultados da materia: RA4, RA6 e RA7

Esta proba metodolóxica ten carácter obligatorio tanto en evaluación continua como global e consistirá na entrega, na data e na forma que se indique, dunha memoria sobre un tema de teoría a elexir dentre unha lista proposta polo profesor.

Para liberar está parte da avaliación o alumno debe acadar 5 puntos ou mais na súa calificación.

As entregas fóra de prazo e aquelas que se entreguen nun formato diferente do pedido serán cualificadas cun 0.
10 A2
A4
B8
B9
C3
C21
C28
D4
D7
D8
D9
D10
D11
D14
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba está pensada para traballar os contidos desenvoltos na metodoloxía de Flipped Learning e de Prácticas de laboratorio mediante a entrega exercicios individuais nos que o alumno aplicará ditos contidos.

A Proba de resolución de problemas e/ou exercicios permite completar a avaliación dos resultados da materia: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, e RA6

O carácter desta proba e voluntario. Os exercícios serán contabilizados na avaliación continua.

No caso de optar pola avaliación global, na data do exame o alumnado poderá contestar os exercicios que se presenten.
10 A2
A4
B3
B8
B9
C3
C12
C13
C21
C28
D4
D6
D7
D8
D11
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

PROBA 1: Elaboración de Memoria e Vídeo

Descrición: Elaboración dun vídeo e unha breve memoria que presente/defenda a solución do alumno ao traballo asignado, o traballo será desenvolvido por parellas e entregado offline na data que se determine. Esta proba é obrigatoria

Metodoloxía(s) aplicada(s): Presentación + Traballo

Cualificación: 20%

Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na avaliación tanto da memoria (10%), como do vídeo(10%). As entregas tardías e aquelas que non se axusten aos parámetros fixados para a entrega serán cualificadas con 0 puntos.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROBA 2: Proxecto

Descrición: Despois da cuarta semana propoñerase un “Proxecto” para ser desenvolvido e resolvido en grupos de entre 2-4 persoas. A solución irá evolucionando ao longo das semanas co apoio das clases de laboratorio nas que se resolverán dúbidas e comprobarase de maneira continua a viabilidade da solución proposta. O Proxecto constará de 2 incrementos que constarán dun código documentado (35%) xunto cun informe no que se explique e xustifiquei a solución proposta (15%), os informes entregaranse nas datas e forma que se indique. A primeira entrega terá un peso do 40%, mentres que a segunda terá un peso do 60%. Esta proba é obrigatoria

Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de Laboratorio + Informe de prácticas

Cualificación: 50% (20%+30%)

Mínimo: Para a liberación desta parte da materia os/as estudantes deberán obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na avaliación tanto do informe como do código entregados. Unha vez realizada a entrega, requirirase dunha defensa do traballo realizado con obxecto de comprobar a autoría da mesma, se esta defensa non se superase suficientemente, a cualificación da proba será de 4 puntos.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROBA 3: Exame de Preguntas obxectivas

Descrición: Realización dunha proba final consistente nunha serie de preguntas curtas e tipo test para avaliar o coñecemento adquirido nas clases maxistrais e de Flipped Learning. Esta proba é obrigatoria.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Lección maxistral, Presentación e Flipped Learning.

Cualificación: 20%

Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na cualificación final da proba.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROBA 4: Resolución de problemas e/o exercicios

Descrición: Ao longo do cuadrimestre, cada semana propoñeranse de maneira voluntaria a entrega offline (na plataforma que se indique) de solucións a unha serie de exercicios de teoría e de práctica. Na parte teórica os exercicios están pensados para dirixir o estudo e traballo autónomo do alumnado nas clases de Flipped Learning, mentres que na práctica están pensados para facilitar a división do traballo e a práctica de código necesario para a solución do Proxecto asignado. Está proba é voluntaria.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Flipped Learning Práctica de Laboratorio

Cualificación: 10%

Mínimo: O carácter voluntario desta proba fai que non se requira un mínimo para a súa superación. A cualificación obtense de maneira acumulativa en función das entregas realizadas ao longo do curso.

----------------------------------------------------------------------------

  • A nota final da materia calcúlase mediante media ponderada das probas anteriores, para poder realizar @dicha media o alumno deberá alcanzar como mínimo un 4 en cada unha das probas obrigatorias descritas anteriormente.
  • Se ao finalizar o curso, un alumno presenta unha cualificación inferior a 4, en máis dunha as probas obrigatorias anteriores, a súa cualificación virá determinada polo valor mínimo entre a media das notas das devanditas probas e catro.
  • Todas as entregas das probas anteriores que non se realicen a tempo, ou na forma solicitada serán cualificadas cun 0.

=============================================================================

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: Posto que o sistema de avaliación por defecto é o de AVALIACIÓN CONTINUA, considérase que todos/as os/as alumnos/as matriculados optan polo devandito sistema. En caso de querer ser avaliados mediante o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL, “Unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 5 días hábiles para que o alumnado matriculado na materia manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de AVALIACIÓN GLOBAL”).

PROBA 1: Elaboración de Memoria e Vídeo

Descrición: Elaboración dun vídeo e unha breve memoria que presente/defenda a solución do alumno a un traballo de teoría que se lle asigne, o traballo será entregado offline na data que se determine (antes da data oficial de exame en cada convocatoria). Esta proba é obrigatoria e poderá requirir dunha defensa do traballo mediante a contestación dunha serie de preguntas escritas o día do exame.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Presentación + Traballo

Cualificación: 20%

Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na avaliación tanto da memoria (10%), como do vídeo(10%). As entregas tardías e aquelas que non se axusten aos parámetros fixados para a entrega serán cualificadas con 0 puntos.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROBA 2: Proxecto

Descrición: Propoñerase a entrega dunha solución a un proxecto específico (diferente do do sistema de avaliación continua) para os alumnos que se acollan a este sistema de avaliación. A entrega constará do código documentado do proxecto (35%) xunto cun informe que xustifique e describa convenientemente a solución proposta (15%). A entrega realizarase na data (anterior sempre á data de exame) e forma que se indique. Esta proba é obrigatoria e requirirá do seu defensa mediante a contestación dunha serie de preguntas escritas o día do exame.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de Laboratorio + Informe de prácticas

Cualificación: 40% 

Mínimo: Para a liberación desta parte da materia os/as estudantes deberán obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na avaliación tanto do informe como do código entregados. Unha vez realizada a entrega, requirirase dunha defensa do traballo realizado con obxecto de comprobar a autoría da mesma.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROBA 3: Exame de Preguntas obxectivas

Descrición: Realización dunha proba final consistente nunha serie de preguntas curtas e tipo test para avaliar o coñecemento adquirido nas clases maxistrais e de Flipped Learning. Esta proba é obrigatoria.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Lección maxistral, Presentación e Flipped Learning.

Cualificación: 40%

Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na cualificación final da proba.

=================================================================================

  • A nota final da materia calcúlase mediante media ponderada das probas anteriores, para poder realizar @dicha media o alumno deberá alcanzar como mínimo un 4 en cada unha das probas.
  • As probas 1 e 2 só poderán obter unha cualificación de 4 puntos, cando as preguntas de defensa non fosen contestadas ou non se contestarán adecuadamente.
  • Se ao finalizar o curso, un alumno presenta unha cualificación inferior a 4, nunha ou máis das probas anteriores, a súa cualificación virá determinada polo valor mínimo entre a media das notas das devanditas probas e catro.
  • Todas as entregas das probas anteriores que non se realicen a tempo ou na forma solicitada serán cualificadas cun 0.

==================================================================================

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARRERA

Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.

==================================================================================

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar con máis dun catro todas as probas obrigatorias anteriormente descritas, a nota que figurará en acta será de 4.

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES

Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."

CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000