Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Enxeñaría do software I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Enxeñaría do software I Código O06G151V01204
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Informática
Coordinador/a
Barreiro Alonso, Enrique
Correo-e enrique@uvigo.es
Profesorado
A0570-Ax2tc-4 A0570-Ax2tc-4, A0570-Ax2tc-4
Barreiro Alonso, Enrique
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral A materia encádrase no primeiro cuadrimestre do segundo curso. Non require de ningún requisito previo por parte do alumno, aínda que é recomendable cursar e superado as materias de Programación I e II. Ten carácter de introdución á disciplina da Enxeñaría do Software e será continuada con Enxeñaría do Software II. Trátase de que o alumno coñeza o ciclo de vida e os principais modelos e metodoloxías do desenvolvemento de software.
Na materia inclúense competencias básicas imprescindibles para o futuro exercicio profesional do enxeñeiro técnico en informática, así como competencias instrumentais para a adquisición doutra competencia profesionais, especialmente as relacionadas co Traballo Fin de Grao. Non se utiliza o inglés como lingua de impartición da materia, aínda que si están nese idioma diversas referencias da materia, vídeos que se utilizan nas clases e o manual da ferramenta CASE utilizada no laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000