Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grado en Ingeniería Informática
 Sobre a titulación

(*)

descrición do título

denominación: Grao en Enxeñería Informática por la Universidad de Vigo

centro onde se imparte: Escola Superior de Enxeñería Informática

tipo de enseñanza: presencial

rama de coñecemento: Enxeñería e Arquitectura

nº de prazas de novo ingreso: 100

nº de ECTS do título: 240

nº mínimo de ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 30

normas de permanencia: normativa de permanencia da Universidade de Vigo, que regula o número de convocatorias, requisitos de matrícula e o procedimento de avaliación curricular do alumno/a.

profesións para as que capacita unha vez obtido o título: segundo se especifica no marco académico aprobado polo Consello de Universidades, este Grao capacita para exercer a profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática

linguas empregadas ao longo do proceso formativo: castelán, galego, inglés

perfís da titulación e ámbitos de traballo dos titulados

O título ofrece dous perfís profesionais diferenciados e de elevado atractivo na contorna socioeconómico galego:

1. Enxeñería de Software: trátase dun perfil especialmente atractivo para consultoras e empresas dedicadas ao desenvolvemento de aplicacións de software. Un/a Graduado/a en Informática con este perfil terá as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións como:

    • Asumir responsabilidades derivadas da dirección e coordinación de proxectos de desenvolvemento e mantemento de aplicacións, supervisando as funcións e recursos de análises funcional, deseño e programación.
    • Obter e xestionar os requisitos do software a construír, empregando técnicas de análise e licitación de requisitos. 
    • Modelar o software a desenvolver, comprendendo e considerando os requisitos. 
    • Crear os tests de proba que permitan verificar que os sistemas informáticos cumpren os requisitos e especificaciones de análise e deseño. 
    • Definir a estrutura modular e de datos para levar a cabo as aplicacións informáticas que cumpran coas especificacións funcionais e restricións da linguaxe de programación.
    • Participar no deseño de sistemas informáticos como consecuencia da informatización de áreas da empresa.
    • Dirixir a introdución e parametrización dos sistemas integrados (coma ERP ou CRMs) ou dos sistemas abertos de arquitectura empresarial definidos nas políticas informáticas da empresa (frameworks, etc.).

2. Tecnoloxías da Información: o deseño deste perfil é especialmente atractivo para os departamentos tecnolóxicos de empresas de calquera sector industrial. Un/a Graduado/a en Informática con este perfil terá as capacidades necesarias para asumir responsabilidades coma:

    • Seleccionar produtos hardware e software axeitados para unha organización, integrando eses produtos coas necesidades e infraestructura, e instalando, adaptando e mantendo aplicacións para os usuarios da organización. 
    • Definir as políticas, características técnicas e adecuación dos sistemas hardware e de rede, así como as características dos sistemas de comunicacións. 
    • Definir a política informática da empresa a medio e longo prazo. 
    • Participar na instalación de ferramentas de Datawarehouse, ferramentas de SIAD, Data Mining e calquera similar futura. 
    • Analizar as necesidades da empresa e definir unha estratexia de comunicación a través de Internet. 
    • Asegurar o desenvolvemento coherente das actividades de Internet da empresa e xestionar a evolución en función das orientacións estratéxicas da empresa. 
    • Deseñar a seguridade do sistema informático segundo as especificacións establecidas. 
    • Vixiar a tecnoloxía e definir as orientacións técnicas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000