Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grado en Ingeniería Informática
 Estrutura dos estudos

(*)

A estrutura da oferta formativa do plan de estudos é a seguinte:

Oferta formativa

Créditos

formación básica

60

obrigatorias

138

optativas (perfil “Enxeñería do Software”)

60

optativas (perfil “Tecnoloxías da Información”)

60

traballo fin de grao

12

TOTAL

330

 

Na definición da estrutura do plan de estudos tivéronse en conta os seguintes criterios:

  • As competencias específicas da titulación se agruparon en materias, en función da súa afinidade disciplinar. Pretendeuse ordenar equilibradamente estas competencias, procurando optimizar a súa situación e graduación ao longo da carreira.
  • As materias divídense en asignaturas.
  • Todas as asignaturas do grao teñen un carácter teórico-práctico e experimental.
  • Todas as asignaturas teñen unha carga de 6 ECTS, independentemente do seu carácter e ubicación no plan de estudos. Ademais, cada asignatura debe adicar 1 ECTS á adquisición das competencias transversales.
  • Para cada asignatura especifícanse unha serie de actividades nas que o alumnado completa 25 horas por crédito ECTS. As actividades comprenden horas lectivas presenciais, titorías individualizadas ou en grupos, actividades de avaliación e traballo autónomo do alumno. 
  • A organización temporal da docencia garante unha carga de 60 ECTS por curso e 30 ECTS por semestre.

A aplicación destes criterios á estrutura do plan de estudos deu como resultado seis materias obligatorias disciplinares, unha transversal (formada por dúas asignaturas obrigatorias e unha optativa), e dúas materias optativas (unha para cada itinerario).

MATERIAS OBRIGATORIAS DISCIPLINARES

Créditos ECTS

ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

18

MATEMÁTICAS E ESTATÍSTICA

24

PROGRAMACIÓN

36

SISTEMAS OPERATIVOS, SISTEMAS DISTRIBUIDOS E REDES

36

SISTEMAS DE SOFTWARE

36

ENXEÑERÍA DE COMPUTADORAS

36

MATERIA TRANSVERSAL

PROXECTOS

30 ó 36

MATERIAS OPTATIVAS DE ITINERARIO

ENXEÑERÍA DE SOFTWARE

60

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

60

 
 
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000