Guia docente 2011_12
E. S. de Ingeniería Informática
Grado en Ingeniería Informática
 Mobilidade

(*)
A mobilidade estudiantil está centrada principalmente nos programas SICUE e Erasmus, no ámbito europeo, con algunha outra oferta de intercambio no ámbito internacional máis directamente xestionada dende a Universidade de Vigo.

 
PROGRAMA SÓCRATES-ERASMUS
A Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense ten acordos asinados (curso 2009/2010) dentro do Programa Erasmus con 18 universidades de 7 países europeos, ofrecendo un total de 41 prazas de intercambio de estudantes en centros que imparten ensinos relacionados co ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

UNIVERSIDAD DE DESTINO

PAÍS

PLAZAS

MESES

Fachhochschule Oldenburg/Ostfriesland/Wilhelmshaven

Alemania

2

6

Hochschule Albstadt-Sigmaringen

Alemania

1

9

Hochschule Bremerhaven

Alemania

2

9

Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes

Alemania

2

10

Universität Kassel

Alemania

2

10

Mikkeli Polytechnic

Finlandia

2

9

ENSEIRB

Francia

1

9

Université de la Rochelle

Francia

1

9

Università degli Studi di Catania

Italia

2

6

Università degli Studi di Siena

Italia

2

6

Bialystok Technical University

Polonia

2

10

University of Bielsko-Biala

Polonia

2

10

Instituto Politécnico de Leiria

Portugal

2

5

Instituto Politécnico do Porto

Portugal

2

6

Instituto Superior Politécnico de Viseu

Portugal

3

9

Universidade de Coimbra

Portugal

2

10

Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro

Portugal

2

5

Universidade do Minho

Portugal

4

10

Gazi Üniversitesi

Turquía

5

5

 
A xestión xeral do programa lévaa a cabo a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) (http://www.uvigo.es/ori, apartado Información para estudantes da Universidade de Vigo / Programa Sócrates-Erasmus) da Universidade, que dispón dos seus propios programas de información e asesoramiento.
Na Escola, a xestión do programa é levada a cabo polo Responsable de Relacións Internacionais (profesor Dr. Arno Formella, formella@ei.uvigo.es), que é o encargado de asesorar aos estudantes propios antes, durante e logo da súa estancia na universidade de destino. Para iso prográmanse reunións informativas abertas a todos os estudantes interesados e reunións preparativas cos becarios antes de viaxar ás universidades de destino.
A ORI dispón de becarios que se encargan de axudar aos alumnos a realizar os trámites coa ORI e de recibir en primeira instancia aos estudantes de acolleita, de axudarlles na procura de aloxamento e de facilitarlles a chegada á Universidade.
No centro, o Responsable de Relacións Internacionais é o encargado de asesorarlles na parte académica da súa estancia e de apoiarlles no día a día.
O Centro de Linguas da Universidade de Vigo programa cursos de español e de galego para os estudantes de acolleita.
A selección de becarios Erasmus realízana o Equipo Directivo en coordinación co Responsable de Relacións Internacionais do Centro, atendendo aos criterios de: nota media do expediente académico, idoneidade para a praza solicitada e cualificación obtida na proba de idioma.
O recoñecemento dos estudos cursados en universidades estranxeiras segue os protocolos que marca o propio programa (recoñecemento de créditos ECTS cursados segundo o contrato de estudos) e o estipulado na Normativa de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.
 
PROGRAMA SICUE
SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Españois) é un programa que permite a realización parcial de estudos (un ano completo) nunha Universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia Universidade e, polo tanto, sen traslado de expediente.
A Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense ten acordos dentro do programa SICUE de intercambio de estudantes con 6 universidades españolas. Para o curso 2009/2010 se oferta aos estudantes un total de 12 prazas de intercambio por curso académico dentro deste programa:
 

UNIVERSIDAD DE DESTINO

PLAZAS

MESES

Alicante

4

9

Autónoma de Barcelona (Sabadell)

3

9

Las Palmas de Gran Canaria

4

9

Politécnica de Madrid

4

9

Rovira i Virgili (Tarragona)

4

9

San Jorge (Huesca)

2

9

 
O recoñecemento dos estudos cursados polos estudantes baseouse, segundo a regulamentación do programa, no Acordo Académico no que se establece a correspondencia entre asignaturas, asinado entre o estudante, o centro de acolleita e a Escola Superior de Enxeñería Informática. É de prever que a regulamentación de SICUE e das becas SENECA sexa adaptada para as próximas convocatorias á nova realidade dos títulos de Grao no que se refire ao sistema ECTS e á duración dos estudos (requerimento de créditos mínimos superados, créditos mínimos de matrícula, etc.).
As tarefas de xestión académica deste programa están a cargo do Responsable de Relacións Internacionais, posto exercido polo profesor Dr. Arno Formella (formella@ei.uvigo.es). Esta persoa é o enlace co equipo administrativo do Centro e a Universidade, xestiona o proceso administrativo, asesora aos estudantes tanto propios como de acolleita, e organiza a difusión da información.
Máis información en http://webs.uvigo.es/vicoap/vicoap1.es.html

PROGRAMA ISEP CON EEUU
ISEP (International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten por obxectivo facilitar a mobilidade de estudantes de últimos anos e posgrao. Grazas a este programa, o custo dun cuatrimestre ou dun ano académico completo en EEUU queda reducido ao redor dunha décima parte.
A través de ISEP, os estudantes de 2º ou 3º ciclo da Universidade de Vigo poden realizar nunha universidade americana un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro ou xaneiro-maio), elixindo entre máis de 130 universidades estadounidenses e unha ampla gama de programas de estudos. A Universidade de Vigo ten asignado un cupo de 15 prazas anuais ou 30 dun semestre. A xestión académica leva a cabo o Responsable de Relacións Internacionais da ESEI.
Máis información en http://www.uvigo.es/ori, apartado Información para estudantes da Universidade de Vigo / Programa ISEP.
 
BECAS DE INTERCAMBIO PROPIAS
A Universidade de Vigo estableceu diferentes convenios de cooperación con outras Universidades (iberoamericanas, na maioría dos casos) de modo que os estudantes poden realizar un período de estudos recoñecido nestas institucións.
 

UNIVERSIDAD DE DESTINO

PAÍS

PLAZAS

MESES

Universidad Gaston Dachary

Argentina

4

4/8

Universidad Federal do Rio Grande do Sul

Brasil

4

4/8

Pontificia Universidad Católica de Paraná

Brasil

4

4/8

Universidad Federal de Uberlandia

Brasil

4

4/8

Faculdade Internacional de Curitiba Facinter

Brasil

2

4/8

Universidad Técnica Santa María

Chile

4

4/8

Universidad Autónoma de Manizales

Colombia

2

4/8

Universidad Tecnológica de Honduras

Honduras

3

4/8

Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de Monterrey

México

4

4/8

Universidad de Guadalajara

México

2

4/8

Universidad La Salle

México

2

4/8

Universidad de Colima

México

2

4/8

Universidad Anahuac Xalapa

México

4

4/8

Universidad Autónoma de Baja California

México

4

4/8

 
 
Máis información en http://www.uvigo.es/ori, apartado Información para estudantes da Universidade de Vigo/Becas de intercambio propias. A xestión académica é levada a cabo, do mesmo xeito que nos casos anteriores, polo Responsable de Relacións Internacionais da ESEI.
 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000