|
SISTEMA DE AVALIACIÓN
CONTINUA PROBA
1: Proba de Avaliación Teórica Descrición: A
avaliación teórica poderá realizarse mediante unha ou varias probas obxectivas
distribuídas ao longo do cuadrimestre. Estas probas permitirán avaliar a
comprensión e o coñecemento dos conceptos teóricos e prácticos abordados na
materia. Metodoloxía(s)
aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas %
Cualificación: 40% %
Mínimo: Para superar esta parte da materia, o estudante deberá obter
unha puntuación igual ou superior a 70 puntos sobre 100. Este limite
establécese en consonancia cos criterios habitualmente empregados nas probas de
avaliación asociadas aos contidos de Cisco Networking Academy. RFAs avaliados: B1, C6 Resultados previstos avaliados: RA1, RA2
---------------------------------------------------------------------------- PROBA 2: Proba de Avaliación Práctica Descrición: Proba ou conxunto de probas
individuais orientada a avaliar a capacidade do estudante para configurar,
verificar, diagnosticar e corrixir configuracións de rede nun contorno
simulado, aplicando os coñecementos adquiridos durante a materia. Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de Laboratorio e
Autoavaliación % Cualificación: 20% % Mínimo: Para superar esta parte da materia o
estudante deberá obter unha puntuación igual ou superior a 70 puntos sobre
100. Este limite establécese en consonancia cos criterios habitualmente
empregados nas probas de avaliación asociadas aos contidos de Cisco Networking
Academy. RFAs avaliados: B1, C1, C6, C10, D1, D3 Resultados previstos avaliados: RA1, RA2
---------------------------------------------------------------------------- PROBA
3: Proxecto Integrador de Rede Corporativa Descrición: Cada
estudante desenvolverá de forma individual un proxecto de deseño, implantación
e xestión dunha rede corporativa de complexidade media/alta. O proxecto
evolucionará progresivamente durante o cuadrimestre incorporando os conceptos e
as tecnoloxías estudadas na materia.
Así mesmo, durante o cuadrimestre realizaranse revisións periódicas do proxecto
nas que o alumnado presentará a evolución do seu traballo e recibirá
retroalimentación técnica por parte do profesorado e do resto do estudantado. Metodoloxía(s)
aplicada(s): Prácticas de Laboratorio e Autoavaliación %
Cualificación: 40% %
Mínimo: Para superar esta parte da materia o estudante deberá obter unha
puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. RFAs avaliados: B1, C1, C6, C10, D1, D3 Resultados previstos avaliados: RA1, RA2
---------------------------------------------------------------------------- SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
Empregarase
o mesmo sistema de avaliación contínua exposto anteriormente. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE
CARRERA
Empregaranse
os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente
da convocatoria, na cualificación en actas sumaranse os puntos obtidos en cada
unha das partes avaliadas. No caso de non obter a puntuación mínima esixida nas
probas de avaliación teóricas e/o nas probas de avaliación práctica, a cualificación
numérica na acta será a suma das outras partes. Si esta suma é >5, a
cualificación na acta será de 4 e conservaranse as cualificacións das partes
superadas para a 2ª convocatoria. DATAS DE AVALIACIÓN
As
datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación contínua publicaranse
no calendario de actividades dispoñible na páxina web da ESEI
(https://www.esei.uvigo.es/docencia/horarios)
As
datas oficiais de exame nas diferentes convocatorias, aprobadas oficialemente
pola Xunta de Centro da ESEI, atópase publicado na páxina web da ESEI
(https://www.esei.uvigo.es/docencia/exames) EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase
a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios e
prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d do Estatuto do Estudante
Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece
o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos
fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en
documentos oficiais da universidade". EMPREGO DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL
A
IA está prohibida en todas as probas de avaliación, tanto
continuas como globales.
A
IA está limitada en todas as actividades docentes e só poderá utilizarse con
autorización expresa do profesorado. DETECCIÓN DE PLAXIO
En
caso de detección de plaxio ou copia en calquera das probas de avaliación
(continua ou global), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e ou feito
será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías poden consultarse a través da páxina
persoal do profesorado, accesible a través da páxina web da ESEI
(https://www.esei.uvigo.es/docencia/profesorado) |