Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Materias
  Desafíos sociais e educacionais das cidades
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario O profesorado presenta un tema ao alumnado co obxectivo de facilitar un conxunto de información con alcance concreto
Obradoiro O profesorado da materia expón ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia. O alumnado pode traballar a solución aos problemas expostos de forma individual ou en grupos
Traballo tutelado O profesorado atenderá ao alumnado en sesións de titorías individualizadas e/ou en grupo dedicadas á orientación no estudo e a resolución de dúbidas sobre os contidos e traballo da materia.
Estudo de casos Exponse ao alumnado un escenario de traballo, real ou ficticio, que presenta unha determinada problemática. O alumnado debe aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestións expostas. Como norma xeral, o estudo de casos realizarase en grupos. Os distintos grupos de traballo exporán e porán en común as súas solucións.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000