Guia docente 2020_21
Facultad de Ciencias de la Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Competencias
Código Descrición
CB1 Posuír e comprender coñecementos relacionados co ámbito da diversidade que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos relacionados coa diversidade e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB3 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB4 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe autodirixido ou autónomo que lles permitan continuar estudando ao longo da súa vida.
CB5 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CG1 Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas.
CE1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
CE2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
CE4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen avances de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias.
CE8 Planificar e organizar traballos tutelados, sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do mestrado
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000