Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos relacionados co ámbito da diversidade que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos relacionados coa diversidade e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A3 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
A4 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe autodirixido ou autónomo que lles permitan continuar estudando ao longo da súa vida.
A5 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B1 Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas.
C1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
C2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
C4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen avances de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias.
C8 Planificar e organizar traballos tutelados, sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do mestrado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000