Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Prácticum
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

No momento de declararse o estado de alarma motivado polo Covid-19, o alumnado poden atoparse, respecto da realización do prácticum en tres escenarios:
1- Completado o 100% das prácticas (120 horas).
2-Completado o 50% (60 ou mais horas).
3-Competado ménos do 50% ou sen iniciar as prácticas.

No primeiro caso, non se precisa ningún cambio metodolóxico. Nos demais escenarios, son necesarias algunhas modificacións metodolóxicas, que se describen no apartado seguinte.



* Metodoloxías docentes que se modifican

No segundo escenario, completaranse as horas restantes de xeito telemático (se a institución o permite) ou ben ca realización dunha proposta de intervención dirixida a institución na que estivevera facendo as súas prácticas.

No terceiro escenario, tentarase que o alumnado reanude as suas prácticas curriculares externas. E si esto non fose posible, deberá facer un traballo teórico-práctico de aproximación á realidade que incluia a temática da intervención co colectivo e institución na que tiña que facer as suas prácticas, fará unha aproximación a institución e diseñará unha “hipotética” intervención para ese contexto.

Polo tanto, as metodoloxías docentes que se verían modificadas serían adoptatas nos escenarios 2 e 3, sustituindo a presencialidade nos centros de prácticas externos por traballo orientado polos titores-titoras académicos/as.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente e/ou no despacho virtual, baixo a modalidad de concertación previa de cita e no horario que se estableza.

No cao de un escinario docente da modalidade a distancia, a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos antes mencionados.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada o longo do desenvolvemento da materia

* Outras modificacións

Non proceden.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Serán adaptatadas dependendo da modalidade na que se atope o alumnado (A, B,C):

* No escenario A, non se precisa facer cambios respecto a guía docente.O Practicum nas institucións ten unha duración de 120 horas. Cada estudante terá tanto unha titora ou titor tanto no mestrado (titor académico) como na institución de prácticas (titor externo). O finalizar as prácticas o alumnado terá que entregar unha memoria.
-O seguimento da titora ou titor do mestrado respecto do labor desenvolvido no practicum polo alumno/a (ata o 10%),
-O informe da titora ou titor externo (ata o 50%) e a valoración, por parte da titora ou titor académico, da memoria de prácticas (ata o 40%).

No escenario B,o alumado que teña completado, ao menos, o 50% (60 horas), poderá:
a) complementar o número de horas telemáticamente ou presencialmente, no momento en que se normalice a situación, ou, si non é posible,
b) completar as horas cunha actividade complementaria (realizará unha proposta de intervención baseada no colectivo e institución na que está a facer as prácticas). As actividades de avaliación mánteñense co mesmo peso que está estipulado na guía docente cando se poidan completar as horas presencial ou telemáticamente, do mesmo xeito que para o alumnado contemplado no escenario A, e para aquel alumnado que realicen a proposta de intervención, engadirase ésta, eterase en conta na nota final xunto a memoria, o informe do titor/a externo e o seguimento do titor académico.

No escenario C, podense dar tres situacións 1) Que o alumnado poida iniciar as suas prácticas e completar as 120 horas; 2) Que o alumnado so poida completar o 50% das horas, neste caso poderá completar as horas restantes como o alumnado do escenario B; e 3) Que o alumnado non teña a opción de iniciar as súas prácticas nin presencialmente nin telemáticamente. Neste último caso,a actividade de prácticas será sustituida por un traballo teórico-práctico de aproximación á realidade que incluia a temática da intervención co colectivo e institución na que tiña que facer as suas prácticas, fará unha aproximación a institución e diseñará unha “hipotética” intervención para ese contexto. As actividades de avaliación nas situacións 1 e 2 seguirán os criterios expostos anteriormente, e para o escenario 3 será o titor/a académico quen poña o 100% da nota segundo a calidade do traballo presentado polo estudiante.Para todos os escenarios descritos, asactividades non superadas/realizadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatorias de xullo o setembro, manténdose as puntuacións nas probas/actividades superadas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000