Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Prácticum
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Favorecer a adquisición de destrezas relacionadas co deseño e posta en práctica de programas de intervención, sendo conscientes das implicacións éticas derivadas das decisións profesionais A4
A5
Coñecer a estrutura e finalidades dos servizos ou institucións nos que se realicen as prácticas, así como analizar a documentación básica na que se sustente a actividade do servizo ou institución, tanto informes, programas como marco lexislativo, fixándose especialmente no relativo á diversidade B3
C2
Desenvolver actividades de observación sistemática das actuacións dos profesionais e colaborar cos profesionais da institución ou servizo no que eles consideren pertinente C3
Deseñar e, se é posible, poñer en práctica algunha proposta de intervención específica de inclusión e normalización da diversidade C2
C6
Deseñar un perfil profesional que inclúa actuacións relacionadas coa diversidade, perfís relacionados especialmente con novos xacementos de emprego A4
C3
C5
C8
C13
Utilizar as novas tecnoloxías da información e a comunicación adaptadas ao contexto laboral do practicum D1
D2
Adquirir habilidades de comunicación e traballo colaborativo con profesionais de diferente formación e responsabilidades D5
Adquirir condutas de respecto e axuda, en especial cara aquelas persoas ou colectivos que estean en risco de exclusión social ou de marxinación D5
Ser capaz de elaborar unha memoria que reflicta as aprendizaxes máis importantes adquiridas no practicum, seguindo a estrutura recomendada polo titor ou titora do máster A5
C2
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000