Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Medidas de Atención á Diversidade para Alumnas/Alumnos con Necesidades Educativas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Actividade de módulo 10 A3
A4
B2
B4
C1
C2
C3
C5
C6
C11
C13
D2
D3
Estudo de casos Análise de casos concretos. Coñecemento e valoración dos sistemas de avaliación e intervención para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo 30 A3
A4
B2
B4
C1
C2
C3
C5
C6
D2
D3
Resolución de problemas Realización de actividades, exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesorado 30
Traballo Realización de traballos realizados autonomamente, titorizados polos docentes 30 A3
A4
B2
B4
C1
C2
C3
C5
C6
C11
C13
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACION CONTINUA

Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avalición continua (obrigatorio asistir polo menos a 4 das 6 sesións). O/a alumno/a que falte a unha sesión deberá poñerse en contacto co/a docente para realizar a/s tarefa/s alternativa/s correspondente/s para seguir a avaliación continua.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% de cualificación nese apartado.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua terá unha proba de avaliación sobre os contidos nucleares da materia na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba suporá o 100% da puntuación, os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi, denominado “Alumnado non asistente” no que se presentarán os detalles da mesma.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas nese curso académico.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vidal aboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores en exercicioq ue acrediten un horario incompatible coas clases presenciales; en todo caso, garantindo a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento.

As datas dos exames oficiais poden consultarse na web do Mestrado:http://masterdiversidade.webs.uvigo.es/gl/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000