Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Medidas de Atención á Diversidade para Alumnas/Alumnos con Necesidades Educativas
   Competencias
Código Descrición
CB3 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB4 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe autodirixido ou autónomo que lles permitan continuar estudando ao longo da súa vida.
CG2 Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación.
CG4 Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas idóneas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas.
CE1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
CE2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
CE3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
CE5 Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica
CE6 Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional
CE11 Coñecer e aplicar procesos de toma de decisións relacionadas co tratamento da diversidade. Ser capaz de discernir as ideas nas que se fundamentan esas decisións, anticipando tamén os seus efectos
CE13 Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade
CT2 Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios
CT3 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
CT5 Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000