Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Xénero e Educación
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A5 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B1 Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas.
B2 Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación.
B3 Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de ser transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de ser aplicables a situacións novas e emerxentes.
C2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
C3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
C10 Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais, mediante a utilización de narracións autobiográficas
D1 Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
D2 Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000