Guia docente 2019_20
Facultad de Ciencias de la Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar en la Diversidad en Contextos Educativos
 Asignaturas
  De la Injusticia de la Desigualdad a la Riqueza de la Diferencia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Asignatura Da Inxustiza da Desigualdade á Riqueza da Diferenza Código O05M138V01108
Titulacion
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
Descriptores Cr.totales Carácter Curso Cuatrimestre
4.5 OP 1 1c
Lengua Impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Lameiras Fernández, María
Correo-e lameiras@uvigo.es
Profesorado
Carrera Fernández, María Victoria
Gómez Suárez, Águeda
Lameiras Fernández, María
Web http://http://www.masterdiversidade.com/index.php
Descripción general Esta materia trata de presentar as definicións e redefinicións da categoría de xénero e a súa intersección coa etnia, a idade, a preferencia sexual, como coas culturas non hexemónicas, entre outras, co fin de dar a coñecer as complexas interseccións constitutivas das relacións e das identidades subalternas. Tamén preténdese analizar como se constrúe a diferencia e como o diferente tende a equipararse co particular, co deficiente, co periférico –fronte ao universal e central- orixinando relacións de poder asimétricas. En definitiva, poder recoñecer o “qué” é o xénero, o “por qué” do xénero e o “para qué” do xénero. Todas as culturas utilizan as diferencias biolóxicas (físicas) como base para faceren distincións sociais que supoñen a asignación de valores, cualidades e normas en función do sexo ao que pertenecemos. Este proceso, que comenza no nacemento e se estende ao longo de toda a vida das persoas, coñécese co nome de socialización sexo-xenérica, segundo a cal, sobre a base da existencia de dous sexos biolóxicos diferentes (sexo) constrúense as características, trazos e conductas socialmente aceptadas para cada un deles (estereotipos de xénero) sen dar cabida a individualidades que se constrúan e desenvolvan más aló desta dicotomía hexemónica.
Desta forma, nas sociedades patriarcales, o mundo configúrase en dúas esferas diferenciadas: a masculina e a feminina; en dous submundos non só diferentes, senón subordinados, ou o que é o mesmo, desiguais. A “esfera masculina”, xerárquicamente superior, que constitúe o referencial, a norma; e a “esfera feminina”, xerárquicamente subordinada, que constitúe “o desviado”, o outro. Esta realidade construída desigual e asimétrica foise maquillando nas últimas décadas, nas que se desdebuxan as súas formas máis discriminatorias e sexistas, que xa non son “politicamente correctas”, cara a formas máis sutís e encubertas coas que seguir mantendo a xerarquía entre os xéneros, o que non supuxo un verdadeiro cambio estructural.
Así, consideramos que o “xénero” e a “identidade sexual” son dous sistemas relacionais que se transforman, segundo as coordenadas socioeconómicas e culturais de cada época e espacio concreto. Todas as culturas institúen -co fin de modelar a organización social-, procesos políticos formais e informais que troquelan o alcance do permitido e, por ende, o ámbito do que non se acopla ao pautado: a diversidade. De aí que o pautado sexa o hexemónico. Os indicadores das restriccións sexuais son moi variables nos distintos momentos históricos e nas distintas culturas. Postulados tales como a universalidade da “dominación masculina” e da subordinación social da muller, ou da heteronormatividade sexual, como realidades transhistóricas e panculturais, van a ser debatidas e examinadas nesta materia proposta
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000