Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Compensación das Desigualdades na Educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado da materia, a presentarlla coas finalidades seguintes: transmitir os obxectivos que se perseguen; detallar os contidos que se traballarán; explicar a metodoloxía que se utilizará; finalmente, enumerar e aclarar os criterios de avaliación.
Lección maxistral Exposición por parte do/ profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo/a estudante. Asistencia e participación do/a estudante.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Traballo tutelado O/a estudante desenvolve exercicios na aula baixo as directrices e supervisión do/a profesor/a. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do/a estudante.
Eventos científicos Participación en actividades (de módulo) relacionadas con algún tema tratado na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000