Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Compensación das Desigualdades na Educación
   Competencias
Código Descrición
CB2 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos relacionados coa diversidade e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG1 Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas.
CG4 Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas idóneas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas.
CG5 Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, nomeadamente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos.
CE3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
CE5 Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica
CE6 Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional
CE7 Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade
CE10 Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais, mediante a utilización de narracións autobiográficas
CE13 Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade
CT3 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
CT5 Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000