Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Desenvolvemento Comunitario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Asistencia e participación nas actividades de aula 30 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Seminario Participación activa, autónoma e recíproca na profundización dos temas propostos 10 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Saídas de estudo Realización da saída ou mesa de experiencias ccomunitarias e posterior reflexión sobre a mesma. 10 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Traballo tutelado Realización de análise dunha comunidade, detección e priorización de problemáticas e proposta de proxecto comunitario de carácter socio-educativo, baixo a orientación das/os docentes. 40 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Estudo de casos Resolución suposto practico sobre detección situación de risco/desprotección. 10 C1
C3
C4
C5
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

- As actividades non superadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións nas probas/actividades superadas.O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha/s proba/s de avaliación, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data tope que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba de avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado ao alumnado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente. Asimesmo o tipo de proba/s figurará/n en Moovi, nas respectivas materias, nunha carpeta baixo a denominación “Alumnado non asistente”, na que se presentarán os detalles da/s mesma/s, concretando tamén onde terá que realizar a entrega o estudantado. As datas dos exames oficial poden consultarse na web do mestrado: http://www.masterdiversidade.com/index.php.También podéis consultar no seguinte enlace a Memoria Verfica desde título na que atoparedes a ficha da vosa materia.http://educacion-ou.webs.uvigo.es/seguimento/mdiversidade/

- En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

- Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”.

Recomendacións:

Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000