Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias de la Educación
Máster Universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares
 Materias
  Ocio, Saúde e Calidade de Vida. Posibilidades desde a Educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Ocio, Saúde e Calidade de Vida. Posibilidades desde a Educación Código O05M061V01204
Titulación
Máster Universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 1 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Dapia Conde, María Dolores
Correo-e ddapia@uvigo.es
Profesorado
Dapia Conde, María Dolores
Web
Descrición xeral Para moitos cidadáns, educadores, pais e nais, o ocio dos/as adolescentes e xóvenes convirtiuse nunha preocupación polos riscos que acompaña: accidentes de trafico, consumo de drogas, actos violentos,.... Por iso, a pedagoxía do ocio debe procurar asumir unha función preventiva no que se refiere ao formato de ocios constructivos que sexan unha alternativa a certos comportamentos.
A Pedagoxía do Ocio trata de anular toda actitude, comportamento ou manifestación do ocio nocivo. Busca achear aos xóvenes estilos de vida (de ocio) máis saudables que impliquen menos riscos e que lles permita disfrutar do seu ocio (que é un dereito) sin presións nin obligacións, senon como algo libre e persoalmente escollido (evitando un ocio comercial prefabricado e manipulado) e estimulando o seu enriquecimento e desenvolvemento personal e social. Todo isto so se pode alcanzar cunha pedagoxía dialóxica, flexible, activa, participativa, motivadora, posibilitadora e aberta.
En definitiva, unha educación do ocio que conleva a exclusión de antivalores tales como o dirixismo, o utilitarismo, o consumismo pasivo e estéril, o aillamento,…
Neste contexto, toda a comunidade educativa (incluidos os centros escolares) teñen unha importante labor. Esta materia, trata de aportar recursos, reflexións, ferramentas e pautas de intervención e investigacións en materia de prevención escolar (educación para a saúde e educación para o ocio, como instrumentos para acadar unha mellora da calidade de vida dos adolescentes e xóvenes). Os estilos de vida do ocio poden incidir tanto positiva como negativamente na nosa saúde.
Nesta etapa educar é fundamental, contribuindo á construcción de persoas mais seguras e que sexan capaces de administrar os riscos cotidiáns. A escola ten unha función sociolizadora e formativa; ten que impartir conocimentos e desenvolver capacidades, pero tampouco pode renunciar a educar para a saúde e o ocio, converterndo o ocio nun instrumento para o enriquecimento e desenvolvemento persoal. Nesta tarea de aprendizaxe deben intervir todos os axentes educativos: familia, escola, administracións públicas, organizacións non gubernamentais... dentro do marco dunha educación ao longo de toda a vida.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000