Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Os criterios de avaliación son os seguintes:
- O resumo inclúe os compoñentes esenciais. Estrutura do TFG coherente, exposición clara e corrección lingüística.
- Fundamentación teórica / Estado da cuestión / Lexislación (de ser o caso).
- Relevancia para o ámbito da profesión e achegas persoais.
- Obxectivos e adecuación metodolóxica.
- Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación dos resultados.
- Suficiencia, interese e actualidade da bibliografía. Uniformidade das citas e referencias e correspondencia entre elas.
- De ser o caso, as conclusións e discusión son coherentes cos obxectivos/preguntas de investigación/hipótese e cos resultados.
70 A2
A3
A4
A5
B2
B4
C3
C9
C10
C12
C13
C17
C18
C22
C25
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D8
D10
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D20
D23
D24
Presentación Os criterios de avaliación son os seguintes:
- Selección, equilibrio e organización do contido na presentación oral.
- Competencia comunicativa oral e emprego axeitado do vocabulario, así como dos recursos informáticos.
- Respostas ás cuestións formuladas polos membros da comisión de avaliación.
30 A2
A3
A4
A5
B2
C12
C17
C22
C25
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D15
D16
D17
D19
D20
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O TFG será presentado e defendido polo seu autor ou autora perante un tribunal unipersoal que estará constituido pola persoa titora do TFG. A cualificación (de 0 a 10) realizarase de xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación contemplada na Guía Didáctica do TFG.

O TFG debe cumprir necesariamente os seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe; (2) respectar a extensión máxima permitida (5.000 - 10.000 palabras); e (3) incluír un apartado de resultados empíricos.

Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda oportunidade no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ben na segunda oportunidade, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.

Alumnado con necesidades específicas:

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Datas oficiais das defensas:

As datas oficiais de defensas poden consultarse na web da facultade no espazo "Traballo fin de grao".

http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/traballo-fin-de-grao/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000