Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social na incorporación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valorarase o traballo realizado sobre a temática da materia, así como a súa presentación e defensa. Consistirá na elaboración e entrega dun documento-traballo sobre o conxunto dos aspectos da materia, preferentemente sobre a exclusión social e as súas causas e como intervir e/ou dar resposta aos procesos de exclusión. Incluirá procura e recollida sistematizada de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización, argumentación, referencia a proxectos que traballen no ámbito da exclusión, valoración-conclusións. Valorarase especialmente a argumentación e coherencia entre os diferentes apartados do traballo, e o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria en calquera dos ámbitos de intervención.
A nota da parte práctica da materia (traballo tutelado máis cartafol/dossier) só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 3 (unha vez ponderada a nota)
30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B6
C3
C4
C5
C12
C15
D1
D2
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas Exame teórico tipo test sobre os contidos da materia impartidos a través das clases maxistrais e dos seminarios. Constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta das cales só unha é verdadeira. O sistema de corrección será de acertos menos erros/2, (A-E/2), estando o corte do aprobado en 20 despois da aplicar a fórmula 40 A1
A2
A3
B6
C12
D1
D3
D18
Cartafol/dossier O estudantado presentará ao longo do curso diferentes traballos e prácitcas que configuran un caderno-dossier do traballo realizado, xa sexa persoal ou en grupo, referido ás actividades teórico-prácticas desenvolvidas dentro dos apartados do traballo na aula, estudo de casos e eventos.
Algúns destes traballos realizaranse de maneira individual na aula para a súa posterior cualificación dentro do proceso de avaliación continua.
A nota da parte práctica da materia (traballo tutelado máis cartafol/dossier) só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 3 (unha vez ponderada a nota)
30 A2
A3
A4
B1
B2
B6
C3
C4
C5
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D9
D10
D15
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Descrición
da avaliación

Avaliación continua:

· A avaliación das/os estudantes matriculadas/os
na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía
docente.

· A avaliación continua implica unha asistencia
mínima a un 80% das aula. A planificación do proceso
ensinanza-aprendizaxe esixe a presenza do estudiantado nas
actividades prácticas que se desenvolverán durante o curso, en
especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias
relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e
actitudinais). Subliñar que non chega con estar na clase (física ou
virtual) nin que o que se avalía é a simple "asistencia"
á aula física, senón que o avaliable son os resultados do proceso
ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben
realizados e a participación activa e pertinente nas clases
presenciais ou virtuais. Polo tanto esixiráselle ao estudantado a
súa presenza nas actividades ao longo do curso(verificable con
listaxes de asistencia) non puidendo faltar a máis do 20 por cento
do total de horas presenciais.

· A avaliación será preferentemente continua, o
estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola
avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo
establecido.

Avaliación global:

. Proba, práctica, exercicio, presentación,
etc (30%)
Consistirá na elaboración e entrega dun
documento-traballo sobre o conxunto dos aspectos da materia,
preferentemente sobre a exclusión social e as súas causas e como
intervir e/ou dar resposta aos procesos de exclusión. Incluirá
procura e recollida sistematizada de información, lectura e manexo
de bibliografía, contextualización, argumentación, referencia a
proxectos que traballen no ámbito da exclusión,
valoración-conclusións. Valorarase especialmente a argumentación e
coherencia entre os diferentes apartados do traballo, e o uso da
linguaxe inclusiva e non discriminatoria en calquera dos ámbitos de
intervención.

· Proba de
preguntas obxectivas, etc. (40%)
A parte teórica da materia
consistirá na mesma proba tipo test establecida para o alumnado
asistencial (40 preguntas con catro alternativas de resposta, das
cales só unha é verdadeira, no que cada tres respostas incorrectas
invalidarase una correcta).

· Probas prácticas. (30%) Consistirá en presentar a final de curso un caderno-dossier do traballo realizado, xa sexa persoal ou en grupo,
referido coas actividades teórico-prácticas desenvolvidas seguindo os contidos da materia para responder
aos contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos
ao longo do curso e que pode adquirir a través da bibliografía e a
preparación dos traballos  que se lle encargan ao alumnado
asistencial. O estudiantado poderá seguir as indicacións en Moovi para poder completar o dossier de tarefas prácticas.

A nota da parte práctica da materia (traballo tutelado máis cartafol/dossier) só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 3 (unha vez ponderada a nota)

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade)

As probas (parte teórica o parte práctica)
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na
2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico.
Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso de non superar a
materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise
efectiva na convocatoria extraordinaria.

MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL e CURSO PONTE

As e os estudantes que decidan optar pola
avaliación global e Curso Ponte, deberán poñerse en contacto coa
profesora para notificar esta opción a comezos de curso e sempre
antes do prazo establecido.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da
vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación,
recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe
establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de
avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para
alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Outros comentarios a ter en conta na avaliación

Non se gardarán notas de
ningunha parte da materia para o seguinte curso académico. Esixirase
que o estudiantado saiban escribir correctamente e sen faltas
ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluidas), que saiba
ler comprensivamente, analizar e sintetizar así como resumir o lido
ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiba expresarse con
corrección e de acordo co nivel que esixe un ciclo universitario
usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro lingüístico.
Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo
caso, terá que reflectirse nos seus exercicios e no exame. O plaxio
supón de inmediato o suspenso da materia. A materia pode ser
estudada por completo cos materiais existentes en Moovi e co
asesoramento das docentes a través dos seus correos electrónicos ou
de titorías presenciais ou virtuais, previa cita.

As datas oficiais dos exámenes poden consultarse
na web da facultadehttp://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/) no
espazo 'Exames 2023‐24'

En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía
poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de
apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE
(PAT).

Esta materia enmárcase nunha Facultade
comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas.
Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas
educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en
coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000