Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Comprensión do desenvolvemento da materia na parte teórica e práctica.

Lección maxistral Exposición por parte das profesoras na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Traballo tutelado Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...Asesoramento por parte das profesoras na aula e en titorías grupais.
Traballo en grupo. Titorías grupais: supervisión de traballos.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Presentación Traballo persoal dos e das estudantes. Exposición por parte do alumnado ante as docentes e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000