Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Traballo persoal do alumnado. Exposicións por parte do alumnado ante o docente e o grupo de estudantes dos resultados dos traballos, exercicios, proxectos. 30 B2
B6
C22
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D23
D24
Traballo tutelado En pequeno grupo, ou individualmente o alumnado elabora uns documento-traballos sobre os aspectos da materia, preferentemente sobre un dos ámbitos da mediación no traballo social. Incluirá: fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, valoración-conclusións. Asesoramento por parte do profesor na aula e en titorías grupais.Supervisión de traballos. 30 B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C8
C9
C11
C16
C17
C19
C21
C22
D16
D17
D22
D23
D24
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter individual que avalía contidos de varias metodoloxías e encárgase dos elementos conceptuais da materia. As preguntas poderán ser tipo test ou pregunta curta. Dita proba cualificarase de igual maneira para asistenciais (avaliación continua) e non asistenciais (avaliación global). 40 B1
B2
B3
B4
B5
B6
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C13
C15
C23
C24
D16
D17
D20
D21
D22
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. A parte teórica da materia constitúe un 40 % da nota final. A parte práctica da materia constitúe o 60 % da nota final. Cada parte debe ser aprobada para facer media coa outra. En todo caso, o alumnado non poderá ser avaliado se non presenta en tempo e forma as tarefas encomendas.

SISTEMAS DE AVALIACIÓN. 

1.-ALUMNADO ASISTENCIAL (avaliación continua): a planificación do proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Será considerado asistencial aquel alumnado que teña unha asistencia mínima do 80 % ás clases prácticas e seminarios (grupos de prácticas) e realice e supere os traballos encomendados ao longo do curso. En caso de non cumprir con este requisito, serán avaliados como alumnado non asistencial. O avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas. Non serán tomadas como faltas a imposibilidade de asistencia puntual por causas xustificadas debidamente "certificadas": enfermidade, hospitalización, pasamento dun familiar próximo, realización dun exame oficial noutro lugar, etc. Se o estudantado deixa de asistir á clase terá que optar pola segunda modalidade de avaliación. 

2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL (avaliación global): aqueles/as estudantes que non poidan ou que opten por non asistir ás clases prácticas, ou pretendendo ser «estudantes asistenciais» superen a asistencia estipulada para seren considerados alumnado asistencial, terán que demostrar -igualmente que o resto do alumnado- a adquisición das diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o día da convocatoria oficial. O exame consistirá na proba tipo test, común a todo o alumnado (parte teórica, 40 % da nota),así como 6 preguntas relacionadas cos contidos prácticos (60 % da nota). A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada e os apuntes existentes na plataforma virtual. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a través de textos recomendados existentes na biblioteca, dos apuntes e exercicios existentes na plataforma virtual, e co asesoramento dos docentes a través de titorías presenciais, por correo electrónico ou telefónico se así o desexa o/a estudante. Ademais, o alumnado non asistencial deberá presentar un proxecto individual de intervención en mediación, onde se reflictan oscoñecementos e destrezas aprendidas; o dito traballo será obrigatorio e cualificarase como apto ou non apto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. De non ter superado a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo seguintes criterios. Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior; isto é, gardaranse as notas da parte teórica e/ou práctica aprobada. Isto é, a parte ou partes non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas no exame de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas.

OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA AVALIACIÓN: A materia pode ser estudada por completo cos materiais existentes na plataforma virtual e co asesoramento da docente através do seu correo electrónico ou de titorías presenciais ou virtuais, previa cita. Esixirase que os/as estudantes saiban escribir correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluídas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizarasí como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiba expresarse con corrección e de acordo co nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro lingüístico. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá quere flectirse nos seus exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o suspenso da materia. Advírtese ao alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte; este aspecto rexe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial. 

As datas oficiais dos exames da materia podenser consultados na páxina web da Facultade. 

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade deEducación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ásnecesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscritoao programa PIUNE (PAT)

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000