Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte dos profesores na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Estudo de casos Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema ou posicionamento e resolución ante o conflito.Profundarase nos modelos/estratexias de intervención e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnoses e adestramento en procedementos alternativos de solución.
Presentación Traballo persoal do alumnado. Exposición por parte do alumnado ante os docentes e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. levará a cabo en pequeno grupo e cualificarase de maneira grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado. Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Invitación a profesionais externos ou relatores de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional cotiá.
Estudo previo Planificación continua do estudo por parte do alumnado, de maneira programada e coa titorización docente.
Traballo tutelado En pequeno grupo, o alumnado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre un dos ámbitos da mediación no traballo social. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, valoración-conclusións. Asesoramento docente na aula e en titorías grupais.
Traballo en grupo. Supervisión de traballos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000