Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
   Contidos
Tema Subtema
T1. Aproximación conceptual á mediación social.
Mediación e intervención psicosocial desde o traballo social. Conceptos básicos. Historia da mediación no contexto do traballo social. Obxectivos, vantaxes e inconvenientes da mediación social. Marco normativo actual.


T2.Aproximación conceptual á resolución de conflitos desde a mediación social.


O conflito. Introdución e presentación: Que é o conflito?. Características do conflito. Tipos de conflito segundo C.Moore. O Ciclo do Conflito. Métodos adversariais e non adversariais de resolución do conflito.
T3. Modelos de mediación social. A mediación social como proceso. Principios da mediación.





Modelos de intervención. Principios e competencias básicas na intervención mediadora. Os Límites da mediación: A Violencia familiar e a violencia de xénero. Aspectos relacionais. A influencia do Código deontolóxico do TS. Ética da mediación. Rexistro de mediadores/as e Institucións de Mediación. O papel do Colexio Oficial de Traballo Social como punto de mediación.







T4. Ámbitos de intervención:familiar, escolar, comunitaria, intercultural e outros.
Formulacións, obxectivos e metodoloxía.




O proceso de Mediación nos distintos ámbitos de intervención. A importancia da mediación familiar como ámbito específico de intervención. Marco normativo: Lei 4/2001 do 31 de maio reguladora da Mediación Familiar. Decreto 159/2003 do 31 de xaneiro polo que se regula a figura do/a mediador/a familiar, o Rexistro de mediadores/as familiares. Intervención a través da mediación familiar en familias multiproblemáticas ou en crises.
Simulación de casos, resolución de casos prácticos e Rol-playing. Elaboración dos exercicios en grupo por parte do alumnado e presentación na aula.








T5. Competencias e habilidades do profesional mediador. Competencias comúns do profesional mediador e o profesional do traballo social. Proceso metodolóxico nos diferentes ámbitos da mediación. Fases do proceso. Habilidades profesionais. Técnicas e instrumentos na mediación e o traballo social. Similitudes e diferenzas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000