Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Sistemas de benestar social comparados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Expoñer o traballo ao resto de compañeiras/os (con medios audiovisuais).
Defender publicamente o eu traballo, é dicir, debe responder as preguntas e as críticas dos seus compañeiros e compañeiras, e da docente. Poderá explicar, a modo de conclusión, os problemas cos que se topou durante a elaboración do traballo.
10 B5
D1
D2
D3
D4
D9
D10
D13
Prácticas con apoio das TIC Realización das actividades propostas polo profesor nas clases prácticas. 40
Exame de preguntas obxectivas Proba consistente en responder a preguntas tipo test. 30 B1
B3
C14
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba consistente en responder a preguntas cortas de desenvolvemento. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

·       A avaliación das/os estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía docente.

·       A avaliación continua implica unha asistencia mínima a un 80% das aulas.

·       A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

.    O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo.

.  A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma:

-        Actividades das aulas prácticas: 40%

-        Defensa das actividades en público: 10%

-        Preguntas tipo test do exame: 30%

-        Preguntas de desenvolvemento do exame: 20%

 

Avaliación global:

·       Quen se acolla a esta modalidade de avaliaciónterá que presentar no mesmo prazo que os estudante da avaliación continua as prácticas que fixe o profesor.

.     O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo.

.     A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma:

-       Actividades das aulas prácticas: 40%

-       Lecturas obrigatorias: 10%

-        Preguntas tipo test do exame: 30%

-        Preguntas de desenvolvemento do exame: 20%

 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade)

As probas (parte teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria.

 

MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL

As e os estudantes que decidan optar pola avaliación global, deberán poñerse en contacto co profesor para notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000