|
Avaliación continua: · A avaliación das/os estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía docente. · A avaliación continua implica unha asistencia mínima a un 80% das aulas. · A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido. . O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo. . A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma: - Actividades das aulas prácticas: 40% - Defensa das actividades en público: 10% - Preguntas tipo test do exame: 30% - Preguntas de desenvolvemento do exame: 20% Avaliación global: · Quen se acolla a esta modalidade de avaliación terá que presentar no mesmo prazo que os estudante da avaliación continua as prácticas que fixe o profesor. . O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo. . A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma: - Actividades das aulas prácticas: 40% - Lecturas obrigatorias: 10% - Preguntas tipo test do exame: 30% - Preguntas de desenvolvemento do exame: 20% 2ª oportunidade As probas (parte teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro. A 1ª oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria. MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL As e os estudantes que decidan optar pola avaliación global, deberán poñerse en contacto co profesor para notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. As
datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo
'datas exames” En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |