Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Pedagoxía social para traballo social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Pedagoxía social para traballo social Código O05G220V01903
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Nogueiras Mascareñas, Luís Miguel
Correo-e miguel.mascarenhas@edu.xunta.es
Profesorado
Nogueiras Mascareñas, Luís Miguel
Web
Descrición xeral Considérase esta materia como relevante no plano de estudos do Grao de Traballo Social. A Pedagoxía Social no marco desta titulación achega aos estudantes ao coñecemento da realidade educativa e dos procesos de intervención socioeducativa. Neste sentido proporciona elementos para comprender a interrelación entre os diferentes campos de intervención na realidade social e as implicacións educativas da problemática social. A materia Pedagoxía Social para Traballo Social está incluída como optativa no novo Plan de estudos da titulación de Grao en Traballo Social da Universidade de Vigo. Se atendemos aos antecedentes históricos do Traballo Social, a incorporación da perspectiva pedagóxica a acción social e a acción-intervención socioeducativa dos traballadores e traballadoras sociais comeza a xeneralizarse xa a a partires da Segunda Guerra Mundial e da extensión cualitativa dos fenómenos educativos. A educación deixa de ser competencia exclusiva do sistema escolar formal para situarse na perspectiva da sociedadade educadora (Husèn, 1982), donde acadan gran relevancia e notoriedade outros sistemas educativos (non formal e informal) que irrumpen con gran forza no sistema educativo formal, o reforzan e complementan (Coombs e Ahmed, 1974).
Ao longo das últimas décadas a literatura especializada (Freire, 1971; Quintana, 1984, 1994; Bueno Abad, 1991; Sáez, 1991; Ortega, 1991, 1999; García Martínez, 1992; Fermoso, 1994; Petrus, 1997; Caride, 2005) foi deixando constancia da xeneralización do enfoque educativo do Traballo Social. Na nosa opinión o obxectivo fundamental dos profesionais do Traballo Social no ámbito educativo consiste na promoción do desenvolvemento humano e da calidade de vida dos nenos e nenas, xoves e doutros colectivos en situación de risco ou problemática social, posibilitando a súa integración (ou reinserción) plena na sociedade. Así pois, a materia Pedagoxía Social para Traballo Social adecúase ao perfil profesional e académico da tittulación, pretendendo non so introducir os conceptos básicos da asignatura senón achegar ao alumnado aos principais ámbitos de intervención socioeducativa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000