Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Actividades introdutorias Un/unha docente acompañará ao estudante na súa preparación para a incorporación nunha entidade e na elaboración do Dossier que elaborará aos efectos de coñecer mellor a entidade na que se vai incorporar e o ámbito de intervención
Seminario Consistirá en supervisións grupais (4) nun marco de aprendizaxe colaborativa moderadas por un/unha docente. Trataranse todo tipo de contidos (de carácter conceptual, procedimental, actitudinais) e de situacións
Prácticum, Practicas externas e clínicas O/a estudante realiza as súas practicas supervisado por un/unha traballador/a social nunha intitución, entidade ou empresa destinada a ofrecer servizos sociais en calquera ámbito
Probas Descrición
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O/a estudante deberá realizar unha memoria de prácticas. A tal fin será acompañado no proceso por un/unha titor/a académico co que terá titorías individuais periódicas e que servirán, ademais, para expoñer calquera outra inquedanza, dúbida, reflexión sobre o periodo de prácticas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000