Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Xestión de organizacións de benestar social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Planteamientos de problemas que os alumnos deben resolver en clase. 10 A2
A3
B5
C14
C20
D2
D8
Exame de preguntas obxectivas Relación de preguntas ,tipo test ou de resposta curta, relacionadas co temario. 40 A4
A5
B5
C1
C18
C20
D2
D8
D23
Cartafol/dossier Recopilación ,exposición e entrega de documentos elaborados polos estudantes. Que recompila información sobre oa traballos, proxectos, tarefas realizados durante o proceso de formación.
20 A3
A4
A5
B5
C14
C17
C18
C22
C23
D2
D8
D21
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor.
30 A2
A3
B5
C14
C20
D2
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames
poden consultarse na web da Facultade de Educación e de Traballo Social, campus
Ourense. No espazo de datas de exame.

As partes da materia
superadas na 1º oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2º,
considerándose, polo tanto como aprobadas neste curso académico.

En coherencia co carácter
inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía
poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo
que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

 

A.  Avaliación Continúa.

A avaliación das/os
estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados
na guía docente.

A avaliación continua
implica unha asistencia mínima a un 80% das aulas

A avaliación será
preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua
poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo
establecido de 15 días dende o inicio das clases.

Como pode observarse a planificación do
proceso ensinanza-aprendizaxe concibe como unha avaliación continua e esixe a
presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo
do curso.

A avaliación do estudantado
presencial relizarase según:

1)   Examen de preguntas obxetivas sobre os contidos teóricos. Exame de preguntas tipo tes ou curtas.
Valorándose sobre 10.Terá que superar o 5 para estar aprobado. É dará o 40% da
nota final do estudante.

 2)   Avaliación
das diferentes actividades
. Terán que ser presentadas todas aquelas
practicas realizadas na aula. Serán avaliables as prácticas relacionadas sobre a  creación de unha entidade, a súa estrutura, e
o seu libro de actas.  Valoraranse sobre
10. Terán que superar o 5 para estar aprobada esta parte. É dará o 50% da nota
final do estudante.

O estudante terá que ter todas as partes aprobadas para superar a materia.

Sendo así, esixiráselle ao
estudantado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con
listas de asistencia- non podendo faltar a máis do 90% das clases prácticas durante o
cuadrimestre dun total de 22 clases prácticas (distribuídas en 15 de grupo
mediano e 7 de pequeno grupo). Sinalar que non chega con asistir á clase, nin
que o que se avalía é a asistencia do/a estudante.

Para a avaliación da parte
práctica, o profesor poderá pedir a defensa
individual o grupal de cada una das prácticas do cartafol dossier.

Quede expresamente claro que
a docente non pedirá ao estudante explicación ningunha de por que non acode á
clase e, tendo en conta que a asistencia ás clases na Universidade non son
obrigatorias. Tampouco aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias
deste.

Se o/a estudante deixa de
asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda
modalidade de avaliación (coa única excepción de enfermidade xustificada con
certificado médico ou pasamento dun familiar próximo; situacións das cales se
solicitará acreditación).

 

B.  Avaliación Global

Aqueles estudantes que
opten por non asistir ás clases prácticas, ou non poidan, ou pretendendo ser
«estudantes asistentes» teñan máis de o  faltas na parte práctica da materia
(grupos medianos e pequeno grupo), terán que demostrar igualmente que os seus
compañeiros a adquisición das diferentes competencias da materia.

Isto farano nunha única
proba ou exame final o día da convocatoria oficial. Que constará de dúas
partes, unha parte teórica e outra parte practica. Realizando unha a
continuación da outra.

-Os dous exámenes suporán o
100 % da nota final do estudante.

-O exame constará de dúas
partes:

1. Examen con preguntas da
parte teórica, as mesmas que terá todo o alumnado; supoñerá o 50 % da nota
final. Tendo que sacar como mínimo un un 5 sobre 10, para considerarse
aprobado.

2. Exame con preguntas da
parte práctica que será realizado despois da primeira parte. Consistirá en preguntas curtas ou tipo test. 

-Cada exame suporá o 50 % da
nota final, tendo que sacar como mínimo un un 5 sobre 10, para considerarse
aprobado.

-Terán que ter superados os
dous examenes, con un 5, para poder realizar a media aritmética entre as dúas
notas, e poder superar a sinatura se superan o 5 na media aritmética.

-A parte teórica da materia
pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada.

-En canto á parte práctica,
esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais,
actitudinais e de procedementos desenvoltos ao longo do curso e demostre ter
adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a
través de textos existentes na biblioteca, dos apuntamentos da clase, e realizando
os traballos de grupo mediano e grupo pequeno.

 C.   Modalidade
de Avaliación para Estudantes do curso ponte.

Os estudantes que decidan optar pola avaliación global
e Curso Ponte, deberán poñerse en contacto coa profesora para notificar esta
opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido.

Coa finalidade de favorecer
a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase
un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e
probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio.

D. Convocatoria Extraordinaria (2ª oportunidade)

As probas (parte teórica o parte
práctica) superadas na 1ª oportunidade, no serán obxecto de avaliación na 2ª
oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico. Non se gardarán
notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso de non
superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise
efectiva na convocatoria extraordinaria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000